Lanzamento do dominio .gal

Hoxe, 25 de Xullo, é un día histórico para a toda a comunidade de fala galega, pola posta en marcha dos primeiros dominios .gal na Rede. Co inicio do “Programa Pioneiros” comeza un camiño que, dentro duns meses, permitirá ao público en xeral rexistrar o seu dominio e, por iso, contribuír ao fomento do uso e a visibilidade da lingua galega no mundo actual.

Desde AGORA País Llionés, sendo conscientes da pluralidade lingüística do País Lionés, felicitámonos por este éxito, no que contribuímos da nosa parte, con humildade, pertencendo á Asociación PuntoGal, promotora da candidatura do dominio e agora xestora do mesmo.

Esta experiencia será importante para que, nun futuro, poida alcanzarse un dominio de internet para a outra lingua propia do noso país, o lionés, o que sen dúbida pasa por estreitar a colaboración con entidades de todo o dominio lingüístico.