Castellano - Català - Euskera

SITIOS WEB PECHADOS POLA FOLGA XERAL

20 de xuño de 2002

Manifesto:

Ós traballadores e autores de sitios web:

  • A folga como mecanismo legal de protesta debe adoptar novas formas na sociedade das novas tecnoloxías para continuar sendo efectiva.
  • A automatización dos servicios na Internet leva a unha menor repercusión da folga xeral dos traballadores do vindeiro 20 de Xuño, por isto proponse o peche de sitios web durante ese día e a inclusión dunha páxina explicativa da protesta (ver exemplo de páxina de peche).
  • Moitos servicios automatizados non requiren intervención directa do traballador e fan posíbel utilizar traballo anterior para o día da folga, deste xeito secuestrase a capacidade dos traballadores para manifestar a súa protesta.
  • Unha folga xeral supón a paralización da actividade dun país como medio de protesta e solidaridade cos colectivos afectados. Os sitios web que compartan os principios da folga deben expresar claramente esta protesta pechando as súas páxinas.

¿Qué poden facer os traballadores e autores pola folga?

  • En sitios webs de empresas non se pide sabotear o seu funcionamiento ou o peche forzoso, pero alomenos o seu funcionamiento debería quedar visíbel e claramente diminuído baixo os efectos da folga. Débense evitar medidas polo empresario que permitan unha "apariencia de funcionamiento e normalidade" o 20-X. Nos sitios que sexa posíbel deberían incluír unha mensaxe advertindo da adhesión á folga dos seus traballadores.
  • En sitios webs persoais pídese o peche total do sitio. ¿Cómo facelo?

    - O xeito máis doado é quitar tódalas páxinas do servidor e facer que o erro 404 (páxina non atopada) leve a páxina de peche. Pregunta ó teu proveedor sobre a posibilidade de modifica-la páxina de erro 404. Instruccións para personaliza-la páxina de erro 404.

    - En caso que non teñas control sobre este erro tes outras alternativas:

    - Redirixir tódalas páxinas á de protesta.
    - Borrar por un día tódalas páxinas do servidor e sustituílas pola páxina de protesta.
    - Sustituir alomenos a home e as páxinas máis visitadas pola páxina de protesta.
    - Incluir unha mensaxe na home advertindo claramente da túa adhesión á folga.

  • Se non és traballador, nin autor de sitios web, non utiliza-la Internet o 20 de xuño ou reducir ó máximo o seu uso é o mellor xeito de expresa-la túa protesta. Internet funciona gracias ó traballo de moita xente que fará folga, non deixes que a súa protesta non poida expresarse.

Os motivos da folga son:

  • A reducción das prestacións sociais por desemprego por causas non xustificadas.
  • Desaparición progresiva do PER (Plan de Emprego Rural) en Andalucia e Extremadura, un plan que tenta compensa-la falla dunha reforma agraria en áreas onde predomina o latifundio e a falla de oportunidades para os traballadores.
  • A consideración das prestacións sociais como unha "gracia" do estado e non como un dereito adquirido. A mesma filosofía que inspira estas reduccións pode levar á desaparición desta prestación e moitas outras.
  • A inexistente negociación cos axentes sociais e o abuso da súa maioría absoluta polo goberno.

¿Cómo colaborar con esta iniciativa?:

  • Envía mensaxes ós teus compañeiros webmasters e profesionais da Internet e incluíndo unha ligazón a este sitio.
  • Envía mensaxes a sitios web ou institucións implicadas na folga ou que para que se sumen ó peche de sitios web. UGT e CCOO xa colaboran con esta iniciativa. Informa tamén á túa delegación sindical máis cercana.
  • Envía mensaxes a medios de comunicación online e offline acerca desta iniciativa.
  • Crea outra páxina como ésta ou colócaa noutros servidores.
  • Envía un correo-e aportando propostas, ideas, correccións ó manifiesto e axudando coa promoción desta iniciativa a: cierreporhuelga@hotmail.com

Repercusión desta iniciativa:

Máis información sobre a folga e os seus motivos

Data de publicación 11/06/2002. Última actualización 16/06/2002.