Mujeres en Red
twitter
twitter

[Por ]

1º Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero. Santiago de Compostela

Do 15 ao 17 de novembro 2007

Visitas: 1899    Enregistrer au format PDF   

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle do 15 ao 17 de novembro o 1º Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero, tres xornadas nas que preto dunha vintena de profesionais e representantes de diferentes colectivos implicados na materia abordarán o problema da violencia de xénero de xeito interdisciplinar e dando a coñecer os últimos estudos e investigacións relacionados con esta problemática.

A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, e maila directora xeral do Servizo Galego da Igualdade, Ana Luisa Bouza, serán as encargadas de abrir o I Congreso internacional sobre violencia de xénero o xoves día 15 de novembro ás 10:00 horas, mentres que o vicepresidente, Anxo Quintana, o pechará ás 13:30 horas do sábado 17.

Ao longo destas tres xornadas diferentes expertos abordarán, sucesivamente, o tratamento da violencia de xénero desde o ámbito educativo, desde os medios de comunicación, e, por último, falarán sobre todo aquelo que atinxe ao papel dos homes ante a violencia de xénero. Entre outras moitas personalidades, pasarán polo Auditorio de Galicia nestes días o prestixioso psicólogo arxentino Jorge Corsi, a escritora catalana Gemma Lienas, o eurodeputado catalán Raúl Romeva, a antropóloga e feminista mexinaca Marcela Lagarde ou as investigadoras Trinidad Núñez e Pilar López Díaz. Durante cada unha destas xornadas desenvolveranse tres mesas redondas nas que participaran Amada Traba, profesora da Universidade de Vigo; Lola Ferreiro, catedrática de Procesos Sanitarios do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela); Lola Varela, directora do IES A Xunqueira (Pontevedra); Eva López Soto, coordinadora do programa de Educación Familiar do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar; Belén Puñal, xornalista e investigadora do grupo CIDACOM (Cidadanía e Comunicación) da USC; Ana Sanmartín, xornalista da TVG; Daniel Leal, psicólogo e representante de Hombres por la Igualdad, de Xerez; Celso Taboada, representante de Homes Galegos pola Igualdade; e Joaquín Prieto, psicólogo e coordinador do programa Abramos o Círculo.

Programa e subscricións

Podes descargar aquí o programa e o boletín de inscrición do I Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero. Tes a posibilidade de enviar este boletín por correo electrónico. Para facelo deberás descargalo, gardalo no teu ordenador con outro nome e envialo cuberto a congresoviolenciadexenero trevisani.es. Lembra que non debes cubrilo directamente no documento que descargas senón nunha copia deste.

Para obter máis información chama ao 981 935 346 ou envia un correo a congresoviolenciadexenero@trevisani.es


Programa


2007-09


Otros textos

Quizás también te interese

1997 - 2018 Mujeres en Red. El periódico feminista