El Martinete - Número 20

Septiembre de 2007

 
O MAI e sua forma de entender a loita de liñas e seu leninismo a carta
 

 

O primeiro agredecerle a estes compañeiros seu interes polo meu comentario critico, alegrome, francamente, que non les resultara de seu agrado, mais tamen sinto que non les dera para reflexionar sobre seus erros, parece que non os teñan e de certo que non os ven.

A destruccion causada polo revisionismo no movemento comunista internacional, dende os tempos de Lenine ata o golpe contra-revolucionario na Republica Popular China, no 1976, ten creado unha grande confusion e mesmo levado ao movemento comunista internacional a sua practica desaparicion ata comenzo dos 80.

Unha importante conclusion é a que o revisionimo ten como minimo dous traxes; un dereitista, social-democrata, reformista, ecleptico e outro esquerdista de moitos tonos de intenso vermello, purista, dogmatico e polo tanto anti-dilalectico polo mesmo anti-marxista. En xeral presentanse mesturados, a chaqueta dunha cor e a camisa de outro. Os grandes do marxismo xa os teñen denunciado.

Do primeiro tipo son hoxe os que confunden e mesturan as loitas anti-imperialistas, Venezuela, Cuba, Libano, Irak coa vanguardia revolucionaria, facendo gala dun burdo eclepticismo interclasista. Os restos dos revisionistas clasicos nutren suas filas.  

Do segundo, do que moito deben do arsenal dogmato-revisionista albanes e mais do trotskismo, fan seus analises internacionaes en abtracto. Se esquencen do Lenine "do analise concreto da situacion concreta". Gostan de moitas e autorizadas citas, mais certamente practican un leninismo a carta,... esto si, esto non.

Dende o inicio da guerra popular no Perú, luminoso sendeiro trazado polo PCP e o Presidente Gonzalo, a constitucion do Movemento Revolucionario Internacionalista nos 80, o movemento comunista internacional comenza a sua recuperacion, a sua reconstitucion, con ofensivas tanto teoricas como practicas unidas amba-las duas ao marxismo-leninismo e a sua nova e superior etapa; o maoísmo. Con avances e retrocesos, con exitos e fracasos, co erros, tanto de dereita como de esquerda, mesmo coa aparicion de liñas oportunistas e polo tanto Loita de Liñas.

A Loita de liñas é a categoria superior de loita que pode darse no seo das organizacions comunistas, non son erros oportunistas que poden ser correxido coa critica e a autocritica, é a loita que enfronta a liña proletaria coa liña burguesa. polo mesmo antagonica, non é unha loita no seo do povo.

Calificar de loita de liñas calquer critica ou opinión amosa a dificultade de comprension do metodo de analise das contradicciones da dilectica, do caracter das mesmas. É moi caracteristico do pensamento mecanicista e dogmatico a mestura das mesmas e caracterizar como antagonica calquer contradiccion ou desacordo. Este proceder despois da morte de Lenine deu orixe a moitos erros. Ten demostrado que non salva ao paciente.

Os compañeiros do MAI califican poposamente suas criticas al PCN (m) de loita de liñas polo que se entende situan ao mesmo no terreo do enimigo.

É correcto tal proceder?

Non, pero eles estan dispostos a dar leccions, nunca a recibilas.

Actuan como comunistas? como M-L?

Non, actuan coa prepotencia carcteristica de los escolasticos. Como metafisicos; Lo Bueno/Lo Malo

Mais volvamos ao proceso revolucionario no Nepal para recordar que o PCN (m) baixo a direccion do Presidente Prachanda ten a responsabilidade de resolver as contradiccions do proceso revolucionario  de Nova Democracia no Nepal (definida nos seus analises é non en declaracions de prensa) e polo tanto definir as tacticas necesarias para o mesmo. O analise polo miudo só podese facer co rigor cientifico do marxismo dende ali dende o propio Nepal.

Na Revolucion de Octubro foron moitas as loitas tacticas, mesmo compromisos coa burguesia e o imperialismo ao que chegaron os bolcheviques, dun xeito puntual e tactico, compromisos moitas veces dificiles de aturar, como a Paz de Brest-Litov. Si, mais non por elo abandonouse a revolucion, ainda que os sectores oportunistas de "esquerda" os calificaran de traizon. Mesmo previo a toma do poder xurderon contradiccions no seo do Comité Central bolchevique, Lenin tivo que loitar en minoria fronte as vacilacions dun amplio sector de seus compañeiros. Son contradicions que xurden no transcurso da loita de clases e que é responsabilidade dos revolucionarios que estan no terreo os que teñen que resolvelas, pois son eles os que manexan os datos directos. Eles son os principaes actores. Eso non significa que os demais revolucionarios do mundo non nos preocupemos polo desenrolo dos acontencimentos, neste caso, da revolucion no Nepal, que forma parte da Revolucion Proletaria Mundial (o MRI e suas organizacions respaldan e apoian ao PCN (m)) mais si queremos ser serios e non "sabelotodos" temos que evitar caer na precipitacion infantilista e investigar con rigor e humildade para aprender (coller) a realidade e non falar sobre revolucions en asbtracto.Aplicar a dialectica e non a metafisica. 

O PCI (m) ten criticado na sua revista People March certas declaracions do Presidente Prachada referidas a Democracia. Amba-las duas organizacions manteñen guerras populares, fan parte dun organismo de coordinacion das loitas en Asia e teñen acordado recentemente debatir seriamente estas cuestions para evitar malos entedidos. Actuando como camaradas e non como enemigos. Eso é un proceder correcto no manexo das contradiccions no seo do povo.

Os compañeiros do MAI non actuan deste xeito, deben correxir seus erros, actuar con valentia e abandonar a escolastica dogmatica y practicar o verdadeiro internacionalismo.

Miguel

http://revolucioncultural.spaces.live.com