El Martinete - Número 19

Septiembre de 2006

 
O MAI e seus ataques dende a "esquerda" a
Revolución no Nepal
 

 

(I)

A paxina oficial do Movemento Anti-imperialista MAI adica un amplo informe ao proceso revolucionario no Nepal. Ao marxen dos textos oficiais do PCN(m) dita organizacion, que reclamase M-L, desata un vigoroso ataque dende a "esquerda" a direccion do PCN(m) amparandose no pomposo dereito de dar leccions que teñen asumido estes compañeiros en nome da loita de liñas no movemento comunista internacional.

O confuso (ou ecleptico ) escrito de 15 paxinas comenza atacando a Mao Tse-Tung e como non, tamen ao maoísmo e ao Movemento Revolucionario Internacionalista.

Negando o caracter dialectico do coñecemento e seu desenrrolo tratan de facer ver que só os erros da liña maoísta explica a restauracion do capitalismo na China. Asi mesmo reprocha a Mao non ter constituido unha nova Internacional Comunista. O estrano é que mais adiante xustificando a sua novedosa tese dos limites do "ciclo de Octubre" afirman que unha das causas da restauracions capitalistas foi a III Internacional. Gostaria que os compañeiros do MAI se aclararan, pois se teñen esa vision da Internacional Comunista para que reprochar a Mao non resucitala. Sobran os comentarios.

Ninguen obriga aos compañeiros do MAI (non sei moi ben cal de les, pois al igual que o PCR, tiveron unha aguda loita de liñas que saldouse coa ruptura da organizacion) que asuman o Maoísmo como terceira e superior etapa do M-L. Nova etapa na que fai sintese das enseñanzas acadadas na loita contra o revisionismo, pero toda sua argumentacion ten un tono mal intencionado "utilizando" os termos maoístas como loita de liñas para xustificar sua posicion de falsa esquerda, dereita verdadeira.

Eles denominase M-L mais cando falan da necesaria loita contra a burocratizacion esquenzen que Lenin e Stalin asi a definian e adxudican a Trostky tal termino para asi acusar veladamente de trostkistas a dirección do Partido Comunista do Nepal (maoísta) cando fala deste peligro para a Revolución.

 

(II)

 

Na segunda parte do dossier sobre a Revolcuion no Nepal os compañeoros do MAI denucian unha desviacion dereitista e unha supeditacion a burguesia das cidades da direccion do PCN (m). Pero é tal cousa certa? Eles o afirman e citan como exemplo o pacto dos 12 puntos asinado polo Partido cos sete partidos patrioticos. Pacto de minimos para a transformacion do Nepal en unha republica popular. Pacto de minimos que ten aillado ao rexime feudal e causado unha grande preocupacion na administracion Busch, que por boca de seu home no Nepal, o embaixador James Moriarty, ten condeado tal acordo e mesmo traballa por rachalo (Sera Moriarty un ultra-esquerdista preocupado pola pureza do Marxismo?).

Certo é que os sete partidos son burgueses ou revisionistas e responsables de moitos crimens contra o povo (xa teran tempo a pagalos) mais temos que analizar seu papel nas contadiccions internas politicas e seu manexo polas forzas revolucionarias. Forzas revolucionarias que se conforman en varios frentes nacionais baixo a direccion do PCN (m) e que levan a cabo moitas transformacion nas areas de novo poder. Transformacions que afectan os intereses non so dos feudais se non tamen dosdespotas dos partidos burgueses.

Os compañeiros do MAI, parecen non entender o proceso da Revolucion de Nova Democracia, por moito que citen a Mao e insistan no caracter burgues das tarefas da mesma, eu diria de algunas de las, como barrer o feudalismo e suas relacions.

Mais o feito que sexa un partido proletario quen dirixe ese proceso xunto as masas de campesiños pobres dalle ese caracter de Nova Democracia no de Democracia Burguesa.

As masas nepalies coñecen a democracia republicana de seu gran veciño a Union India, milleiros (o millons) de eles coñecen o sacrificio da explotacion baixo a explotacion democratica vendendo ali sua forza de traballo, é moi dificiles que se deixen enganar por unha linea burguesa. A maioria da poboacion no Nepal é pobre esto é campesiños e proletarios (no orden numerico) por que non confiar nos seu compromiso coa revolucion? É casi seguro que esa desconfianza nas masas que caracteriza aos compañeiros do MAI é a fonte de seu discurso ultra-esquerdista na forma, anti marxista no fondo.

O PCN (m) e su presidente Prachanda teñen afirmado que de xegarse a un acordo internacional poñerian o EPL baixo supervision do mesmo, non falaron de disolvelo.

Tamen puso o PCCH o 8º exercito baixo supervison do Kuomintang na guerra contra os invasores xaponeses e logo continuo combatendo ao nacionalistas, Esto nos di a historia, non conven facer xuizos precipitados compañeiros.

A estratexia do PCN(m) apoiada polo MRI ten acadado un gran existo nestes dez anos. E como falar de medo a xente que leva combatendo (poñendo dia a dia sua vida en perigro) tanto tempo?

Medo aos revisionistas de Kumar Nepal e seu PCN (UML)?

Aos patrons do Partido do Congreso?

As cidades?

A tese de cercar as cidades co campo carcterizas as mesmas de plazas fortes do enemigo. Fortes no tactico, debiles no extratexico. O traballo principal do Partido esta no EPL, no campo, o traballo na cidade ten outro caracter, clandestino, de informacion, de accions de comando.

Sen o traballo principal nada teria o Partido, nada teria a Revolucion, esto é o que non entenden estes novos seguidores da liña de Wuan Ming, que repiten os mesmo erros de mecanicismo da Kominter, que pretenden criticar.

(continuara... )

 

Miguel

 

http://spaces.msn.com/revolucioncultural/