Crónica de la concentración en Pontevedra por Javier, en huelga de hambre desde el 11 de diciembre.
Un reducido pero entusiasmado grupo de solidarixs concentrámonos hoxe, luns 26 de xaneiro de 2015, arredor das 18:30 da tarde, na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, na céntrica rúa Loureiro Crespo, para amosar a nosa solidariedade coa loita que leva a cabo o noso compañeiro e preso en loita Javier Guerrero Carvajal, quen se atopa ingresado neste hospital cun delicado estado de saúde que compromete seriamente a súa vida, debido á folga de fame que mantén dende o 11 de decembro, e ós días que pasou en folga de sede.
Durante a concentración berráronse varias consignas clásicas como “OS CÁRCERES SON CENTROS DE EXTERMINIO”, “NON PODE SER, AS POBRES NAS CADEAS E OS CORRUPTOS NO PODER”, “ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS” ou “NIN FIES NIN DISPERSIÓNS, NIN ENFERMXS NAS PRISIÓNS” e outras máis centradas neste caso coma “ÉL PIDE LIBERDADE E O ESTADO DALLE FAME” ou “EN FOLGA DE FAME POLA SÚA LIBERDADE”. Tamén se explicou en voz alta a situación de Javier, a loita que desenvolve e o motivo do noso protesto, aproveitamos para lembrar o caso de Gavioto, preso en loita que morreu “suicidado” (asasinado) no penal de A Lama onde tamén estaba pechado Javier antes de ser hospitalizado, e varias persoas paráronse a preguntar e informarse.
Repartíronse panfletos entre xs peatóns e tras aproximadamente tres cuartos de hora, disolveuse sen problemas. A pesar de que non pedimos permiso nin comunicamos oficialmente a concentración (negámonos a pasar polos filtros que nos impón o Estado cada vez que queremos expoñer as nosas reivindicacións), a policía non fixo acto de aparición, algo que lle agradecemos enormemente. Deberíades quedar na casa ou na comisaría máis a miúdo, que na rúa fai moito frío.
Javi atópase nun delicado estado de saúde, e é fundamental que amosemos a nosa solidariedade por todos os medios posibles e ó noso alcance, para transmitirlle forza agora que as súas comezan a fallar. Pasar polo hospital e berrarlle consignas solidariedade dende a rúa, escribir cartas de apoio e solicitar que lle sexan entregadas, acudir ás concentracións ou convocar as vosas propias, espallar os panfletos e a información ou contactar cos grupos solidarios para informarse, son ferramentas que todxs podemos empregar para darlle ánimos e sumar as nosas voces á súa.
Os cárceres son a ferramenta do Estado para agochar as consecuencias dun sistema que falla estructuralmente. A democracia fala de dereitos humanos, mentras amontona en almacéns de almas a todas aquelas persoas que estorban, que non encaixan ou que simplemente, rexeitan os camiños impostos e buscan vías de vivir a súa vida fora dos chantaxes e normas inxustas que impoñen dende o Poder. A loita dxs presxs contra os malos tratos, é a loita pola dignidade daquelxs que viven privadxs dela. A loita contra as prisións, é a loita de todxs contra a hipocresía das institucións, e contra a mentira da reinserción que lexitima todas as súas torturas e abusos cotiáns sobre as persoas presas.
SOLIDARIEDADE CON JAVIER G. CARVAJAL E CXS DEMÁIS PRESXS EN LOITA!
Algunhas solidarias…
——— Correo recibido y publicado.