A MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR “UTOPÍA SON”
CONVOCA A SUA TERCEIRA EDICIÓN.

 


UTOPÍA SON consolídase como unha mostra onde todos os compositores de cancións, sexa cal for o seu estilo, poden presentar as súas composicións.
UTOPÍA SON desenvolverase ao longo de catro meses, de Xuño a Setembro, no escenario do café UF, na rúa Pracer nº 19 de Vigo.
UTOPÍA SON é non só un concurso. Durante eses catro meses que dura, abárcase todo tipo de manifestacións relacionadas coa canción: exposicións de pintura e fotografía, charlas e debates, ciclos de documentais, ciclos de cine musical e concertos filmados, libros, exposición-audición de vinilos e CDs, revistas, seminarios etc.
Paralelamente programaranse actuacións fóra de concurso de todos aqueles autores que prefiran non competir pero si apoiar á mostra.
O prazo de inscrición para esta terceira edición REMATA O 31 DE MARZO. As bases do premio pódense pedir no Café Uf, ou consultando as seguintes direccións:
http://utopiason3.blogspot.com/

REVISTA
Cancións ganadoras de Utopía Son III

YING-YANG de Alberto López
OLVIDASTE LO IMPORTANTE de Fatima Baña
NO MERECEN VIVIR de Expediente oculto
LEVANTA UNA MANO de AKA Golpe Letal