MANUAL DE GUERRILLA DE LA COMUNICACIÓN
De a.f.r.i.k.a., Luther Blisset e Sonja Brünzels
“A terceira guerra mundial será unha guerrilla da información”
(Marshall McLuhan)
“As autoras están até as narices da práctica exclusiva de escribir octavillas insípidas e do dogmatismo (extendido tamén entre os autónomos) da esquerda que, como moito, permite rirmos do cabaret político. No demáis hai que demostrar sempre que levamos con nós toda a dor e toda a inxustiza do mundo”.
Esta declaración de intencións deixa claro desde o principio a temática desta obra. Non se trata de dogmatismos, de unha verdade absoluta, de impor “prácticas correctas”... A proposta ven a reflexar as diferentes experiencias dentro dos movementos sociais de esquerdas.
Con o concepto de “guerrilla da comunicación” invíta-se a experimentar outros xeitos de facer política que (aínda que pertenzan xa desde hai tempo á práctica dos grupos de esquerdas) moitas veces teñen sido subvalorados, como bromiñas pouco serias ao marxe do verdadeiro traballo político. Este manual aborda estas formas de práctica política subversiva, as súas condicións, posibilidades e límites.
“Ademáis da nosa postura irreconciliable con as formas de producción capitalistas, con as estructuras de poder e as formas de socialización que desprecian ao ser humano, tiñamos e temos outro punto de partida en común: o descontento con unha práctica política da esquerda radical que anda dando voltas entre a militancia estricta, a política realista pragmática e a pura crítica ideológica.
“O concepto de guerrilla da comunicación non sustitúe en ningún caso á discusión sobre contidos e formas de organización , nen accións antifascistas, nen programas teóricos, nen os nosos propios medios de comunicación. Este concepto, non obstante, parte da idea de que uns contidos políticos non se aceptan exclusivamente pola súa veracidade e corrección, senón que unha política radical de esquerdas sempre debe ter en conta as condicións da recepción política”.
“Aínda que aquí se separa a guerrilla da comunicación de actos de sabotaxe (danos materiais) ou dunha política emancipatoria da contrainformación, somos conscientes do papel que ambos xogan de un ou de outro xeito en moitas das accións que imos describir. Moitas veces é a situación concreta a que rematará determinando cal das formas de acción parece máis acertada ás activistas; e normalmente serán elas mesmas as que decidan”.
Deste xeito o libro fai un repaso dos principias métodos de sabotaxe informativa, así como de algunhas das accións que levaron a cabo diferentes colectivos. Aquí aparecen, entre outras, a Internacional Situacionista, o Movimento do 77 en Italia, os provos, o zapatismo, os Indiani Metropolitani… Explóran-se métodos como os graffittis, os nomes múltiples, as tersiverxacións, os mitos populares…
En definitiva un novo achegamento a prácticas máis ou menos orixinais dos movementos de esquerda. Semellan camiños interesantes nestes tempos de información masiva, é decir, de manipulación masiva.
ESTA REVOLUCIÓN NO TIENE ROSTRO
Wu Ming
INDICE:
- Wu Ming, acción política, comunismo literario, creación de mitos.
- Génova: as multitudes ao asalto do Imperio.
- Guerra global permanente.
- O estilo como arte marcial. Notas sobre a Dressed up option .
- Contos.
Os membros do colectivo Wu Ming participaron, entre os anos1994 e 1999, na columna italiana (Bolonia) do Luther Blissett Project. Este movemento converteu-se a principios dos 90 nun nome colectivo para designar a creación e a intelixencia colectiva que está no corazón das luitas colectivas hoxe en día, o emprego xeralizado da guerrilla de comunicación para arruinar os mecanismos de captura da propiedade intelectual, os media e as institucións oficiais da arte e a política.
Con este nome múltiple, os futuros Wu Ming, firman artigos e novelas como “Q” sempre baixo a fórmula do copyleft que autoriza a libre reprodución do libro por todos os medios agás para fins comerciais, para indignación e raiva das SGAE de turno.
En 1999, nas revoltas de Seattle, prodúce-se o suicidio ritual de Luther Blissett. Para entón, o seu estilo extendéra-se por todo o mundo: a importancia fundamental concedida á comunicación como un ámbito máis da intervención política, a creación de mitos...
As fábulas de Marcos, os pasamontañas “detrás de los cuales estamos ustedes”, os manifestos desobedentes, a soa mención de Seattle ou Praga, a estampa de Carlo Giuliani asasinado, os monos brancos, o “outro mundo é posible”... Son imaxes que, como vemos no cine ou na arte, permanecen na mente e alí traballan en silencio.
Os membros do colectivo Wu Ming participaron como artesáns anónimos desta “guerra de metáforas” durante o movemento de resistencia global.. Fixéron-o cos Monos Brancos, por exemplo, un experimento político nacido dos centros sociais italianos, aínda que o provincialismo insoportable que rixe as mentes que”pensan” no estado español non lle adicara nen un minuto (so o fixeron para o cobrir de merda).
A participación de Wu Ming no “movemento de movementos” sempre estivo ligada á narración das súas vitórias e fracasos: non se trata de condear toda experimentación política desde posicións de nostálxia e resentimento, senón de apostar por un exceso de imaxinación creadora que non se poda conter, ou parasitar, ou contentar.
Os mitos expresan, así, a forza dunha comunidade, “alarman de aventura” os ouvidos de quen os escoita, devolven a confianza (que non a fe) nas propias posibilidades, nas propias potencias. Quitan o medo, vaia.
As inmensas cuestións a todos os niveis da acción política nesta “guerra global permanente”, de guerra económica, política e social contra a humanidade enteira, ocupan moitos dos textos de Wu Ming agrupados en “Esta revolución no tiene rostro”.
“ Non temos ningunha necesidade dunha linguaxe reiterativa feita de conceptos valeiros. Este é o mellor xeito de abandoar as ilusións e preparar-se para a luita, que é tamén a luita contra as nosas ilusións de onte”
( Wu Ming ).
(Do prólogo de Amador Fernández-Savater)
“ESTA REVOLUCIÓN NO TIENE ROSTRO” póde-se consultar na biblioteca de UTOPÍA FORO.
Un dos textos ( Enclave social de Bolonia ) atópa-se no apartado POLITEXTOS da nosa páxina web. ( http://www.nodo50.org/utopiaforo/tablatextos.htm - enclave )
LOS ZAPATISTAS Y LA OTRA:
LOS PEATONES DE LA HISTORIA
Durante o último ano, as comunidades zapatistas botaron a andar con un novo proxecto político á marxe das institucións: LA OTRA CAMPAÑA. Coincidindo coas eleccións en México, fixeron un chamamento á sociedade civil, non só aos pobos indíxenas, para buscar formas de organización non contaminadas polos partidos oficiais.
A proposta partiu da Sexta Declaración da Selva Lacandona, en xunio do 2005, onde anunciaba-se que delegados do EZLN recorrerían o país para escoitar e aprender das luitas de indíxenas, obreiros, campesinos, mestres, parados, feministas,...mexicanos.
A idea era abrir un espazo común no que construir unha nova resistencia ABAIXO E Á ESQUERDA.
Estes textos (cinco comunicados do EZLN) son as reflexións e conclusións despois deste ano de consultas e encontros por todo o país.
Tamén analíza-se o recente proceso electoral en México: os fraudes, as mentiras, a clase política... Pero non só iso.
Durante este tempo, xurdiu a Sexta Internacional, LA ZEZTA, que xa reúne a milleiros de persoas e colectivos de todo o mundo traballando neste novo proxecto. Un proxecto de dignidade, xustiza e democracia para todos, un proxecto global, “intergaláctico”
“...nuestra idea es llamar a quienes son como nosotros y unirnos a ellos, en todas partes donde viven y luchan...”
Sexta Declaración de la Selva Lacandona
Para máis información: www.zeztainternazional.org
O PRÓXIMO MARTES 5 DE DECEMBRO a partir das 20h. FALAREMOS SOBRE OS COMUNICADOS, LA OTRA CAMPAÑA, LA SEXTA... NO CAFÉ UF (rúa do pracer 19, Vigo).