COMUNICADO URXENTE DA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN (A.S.K.)
Desde hai case un ano, a A.S.K. (Asociación de Solidariedade con Kurdistán) está a ver condicionadas as súas accións polas multas impostas a dous dos seus membros.
Os feitos remóntan-se ao mes de Novembro do 2006, durante a disputa do partido de fútbol entre o Celta de Vigo e o Fenerbahaçe turco no estadio de Balaídos.
Por esixencia de un policía turco, a policía española decidiu quitar do estadio e sancionar a dous membros da A.S.K. con 8000 euros.
Estas dúas persoas son acusadas de “provocación” por participar no despregue de unha faixa co lema “FREEDOM FOR KURDISTÁN” e portar simboloxía alusiva ao conflicto kurdo.
Esgotados os recursos na Subdelegación do Goberno de Pontevedra e diante do inminente proceso penal, a A.S.K. quere manifestar, unha vez máis, que:
- Tal como recolle a propia resolución policial, en ningún momento produciu-se ningún acto de violencia por parte dos dous imputados nin por ninguén dos presentes no estadio.
- Ningún dos membros da A.S.K. participou do despregue da faixa, como queda patente nas diferentes fotografías aparecidas nos xornais. Aínda así queremos manifestar o noso apoio e solidariedade con este acto pacífico e reivindicativo a favor do povo kurdo.
- O único “delito” que recoñecemos é portar unha camisola co anagrama da asociación e unha pequena bandeira con dito anagrama. Os propios policías admiten descoñecer os símbolos, así como a existencia do Kurdistán ou calquera idea aproximada.
- A Asociación de Solidariedade con Kurdistán, e con ela o noso anagrama, está legalmente rexistrada e constituída no rexistro de asociacións da Xunta de Galiza desde hai varios anos.
- Por último, deixar claro que apoiaremos e participaremos de calquera iniciativa, sexa onde sexa, que contribúa a difundir e informar do coflicto kurdo.
Agradecemos, por tanto, que difundades esta nova dentro das vosas posibilidades.
Tamén informar-vos que a A.S.K. abriu unha conta para facer fronte aos gastos ( avogados e máis que posible multa) aos que nos vemos obrigados. O número de conta é: caixanova 2080 0000 7 2 0003017604 .
Gracias pola vosa solidariedade.
NINGUNHA PRESIÓN, VEÑA DE ONDE VEÑA, ANULARÁ A NOSA SOLIDARIEDADE CO POVO KURDO.
POLO DEREITO DE TODOS OS POVOS A DECIDIR LIBREMENTE O SEU FUTURO.
POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!
POLOS DEREITOS CIVÍS!!
¡¡FREEDOM FOR KURDISTÁN!!
A.S.K. (Asociación de Solidariedade con Kurdistán)
2º COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN-A.S.K.
OUTRO MEMBRO DA “ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN-A.S.K.” RECEBE A NOTIFICACIÓN DE OUTRA MULTA DE 4.000 EUROS.
Con esta segunda notificación ascende xa a 8.000 euros o total das multas impostas no partido do Celta contra o equipo turco a finais do novembro pasado.
A “Asociación de Solidariedade con Kurdistán-A.S.K.” quere facer constar a súa enérxica protesta polo que ten de desproporcionadas e inxustificadas ditas multas.
Ningún dos membros da asociación multados, mantivo actitude violenta ningunha, nin antes nin durante as detencións.
Diante desta situación inxusta, a A.S.K. decidiu comenzar unha campaña de solidariedade cos dous sancionados cos seguintes cometidos:
-recollida de sinaturas dirixidas á subdelegación do governo de Pontevedra pedindo que se anulen as multas.
-apertura dunha conta (caixanova 2080 0000 7 2 0003017604) para que aquelas persoas que queiran solidarizarse cos sancionados ingresen o que poidan para facer fronte ao custo dos avogados e as multas.
- edición dun cartaz en contra do recorte de libertades civís.
- convocatoria dunha cea solidaria para o día 21 de marzo coincidindo co Newrod, día da nación kurda.
1º COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE SOLIDARIEDADE CON KURDISTÁN-A.S.K.
Ante os feitos ocorridos no estadio de Balaidos durante o partido do Celta-Fenerbahaçe queremos informar do seguinte:
1 º A.S.K. é unha asociación de solidariedade co pobo kurdo legalmente constituída e rexistrada no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia
2 º Durante o partido citado, dous membros de devandita asociación foron detidos e quitados do estadio por un despregue desmedido de policías.
3 º Os dous socios do A.S.K. non mostraran acto algún de violencia, nin sequera participaran no despregue da pancarta que co lema FREEDOM FOR KURDISTÁN foi mostrada a máis de 30 metros de onde eles estaban.
4º A detención baséase en que un deles leva posta unha camiseta co anagrama da asociación coas siglas A.S.K., e o outro unha bandeira con devandito anagrama.
5 º Os policías recoñecen descoñecer tanto as siglas como os anagramas. Aínda así din que son unha provocación.
6 º Preguntámonos como pode provocar algo que non se sabe que é. Preguntámonosquen é o responsable que decide que aquilo é unha provocación. Preguntámonos
como unha camiseta posta debaixo dunha cazadora, apenas visible a dez metros, pode provocar a unha afeción que está ao outro extremo do campo de fútbol.
7 º Esiximos saber quen deu a orde de conculcar o dereito á libre expresión dunha asociación legalmente constituída. Foi seica un deses policías, que segundo a prensa viñeran de Turquía, (país que está en todos os informes internacionais como nefasto exemplo de falta de liberdades, de tortura sistemática e de desprezo polos dereitos das súas minorías) quen ordeou á policía dun estado de dereito que cometese un acto ilegal segundo a nosa lexislación.
8 º Aos dous detidos comunícaselles que serán multados, ignorando aínda a cuantía das multas que obviamente será recorridas.
9 ª A asociación está estudando as accións legais que se levarán a cabo en contra do que considera un atropelo dos seus dereitos constitucionais.Asociación de Solidariedade con Kurdistán A.S.K.
Vigo 1 de Decembro do 2006