ASOCIACIÓN DE SOLIDARIDAD CON KURDISTÁN A.S.K.
ASOCIACIÓN DE SOLIDARIDAD CON KURDISTÁN A.S.K. desexa informar que non mantén ningún tipo de vínculo organizativo, político ou persoal con ninguna organización, nen recibe directrices de ninguén alleo a A.S.K.
Non toma partido por ningunha das distintas opcións políticas que existen nos distintos territorios que compoñen o Kurdistán.
A nosa labor e a de espallar a realidade do pobo kurdo, facer que os nosos conciudáns coñezan a súa situación e se solidaricen con el.
Non recibe subvención algunha de ningún organismo, partido, organización ou moviemneto.
Os seus gastos sufráganse co a aportación voluntaria dos seus membros.
Isto garantiza a nosa independencia absoluta.
A decisión de crear lazos de solidariedade con un pobo é unha opción persoal, libre e voluntartia que só é competencia de cada individuo e está por riba da realidade persoal a que pretenza.
Ninguén pode, nin ten dereito, nen capacidade para repartir carnets de sloidariedade.
Un pobo é unha realidade demasiado ampla para que un partido, unha persoa, ou unha soia liña política, o represente. Incluso nunhas eleccións democrática e libres, os elexido só representan oas seus votantes.A A.S.K. quere facer constar tamén que nunca recolectou ou recolectará diñeiro para ningunha organización, partido, sindicato ou movimento.
Somos unha organización de solidariedade rexistrada no Rexistro de Organizacións da Xunta de Galiza que funciona con todos os requisitos legais.
TURQUÍA: MENTIRAS PARA EUROPA
XENOCIDIO PARA KURDISTÁN
Aínda hoxe o negan : o xenocidio de un millón de armenios a principio do S. XX.
Era o xeito de solucionar “o problema armenio”
E negan tamén que para crear a Turquía Grande e Libre tiveran que cometer outro xenocidio , cos gregos que vivían na Asia Menor dende dous mil anos antes de que as tribus turcas chegaran a Anatolia .
Era o xeito de solucionar ” o problema grego ” .
E negan tamén que os kemalistas asasinasen a eito aos maridos das mulleres que se negaban a quitar o velo no tempo no que Ataturk viña de fundar a Republica.
Era o xeito de solucionar “o problema integrista”.
E negan tamén que os últimos golpes de estado implantasen un rexime de terror no que foran detidos , torturados e asesinados milleiros de comunistas, anarquistas, socialistas ou sindicalistas.
Era o xeito de solucionar “o problema subversivo”.
E o resto dos exemplos farían a lista interminable: destrucción e expolio do patrimonio cultural clásico e cristián , represión contra a minoría xitana , invasión do norte de Chipre, incursións militares no norte do Irak....
Son os xeitos típicos, as tradicionais solucións da exótica Turquía.
Pero aínda queda o que o exército turco (único poder real en Turquía dende a fundación da República) considera a nai de tódolos problemas:
“O problema kurdo” .
Se comenzamos a historia simplemente dende Kemal Ataturk , os métodos de opresión utilizados contra Kurdistan son un longo rosario de atrocidades.
Ataturk utilizounos para gañar a guerra, e unha vez acabada esta, rompeu todalas promesas que lles fixera . Comenzaba a longa e salvaxe represión do rexime kemalista que durará atá os nosos días.
Logo o estado turco utilizou o método de negar a súa existencia . Deixaron de existir. Foron borrados dos mapas, da historia, da arte, da cultura..., prohibida a súa lingua , a súa música, as súas tradicións . Os seus nomes , os seus apelidos , os nomes das súas cidades , os seus topónimos... foron asimilados á lingua turca. Hoxe , milleiros de kurdos asimilados nen sequera saben que son kurdos.
A quince millóns de kurdos (un tercio da poboación do estado turco), fóronlles negados todos os dereitos incluído o da existencia.
A gran maioría dos cidadáns turcos atá hai moi pouco , ignoraban que existía Kurdistán e os kurdos, que no seu estado había unha lingua falada por quince millóns de habitantes e que nun tercio do territorio do estado existía unha das culturas mais ricas e antigas do mundo.
“ Kurdistán ” e “kurdo” foron palabras eliminadas dos libros de texto, dos periódicos, da radio, da t.v ., do cine, da canción... Palabras prohibidas, ilegais , desterradas...
E o verde, amarelo e vermello foi considerada unha mistura de cores perigosa . Atá se tentou discutir no parlamento se se debería cambiar a cor dos semáforos para que non coincidiran coas da bandeira kurda. Turquía non é a enferma de Europa, é a esquizofrénica.
Mil xeitos de exterminar un pobo na fermosa Turquía.
Pode que as estructuras sociais tradicionais impidan aos kurdos alcanzar aínda a noción moderna de nación, pero non hai pobo no mundo que teña loitando pola súa liberdade durante tanto tempo e contra tantos inimigos como o pobo kurdo. E esa Turquía que Ataturk fundou cos restos do Imperio Otomano é simplemente o último inimigo .
Tamén tentou o método das deportacións masivas. Non fixeron máis que espallar o problema por todo o territorio do estado. Debido ó crecimento demográfico moito maior do pobo kurdo en comparación co turco, as zonas de deportación rápidamente invirten as porcentaxes a favor dos kurdos.
Dentro desta política de expulsión do territorio está tamén a emigración. Provocada fundamentalmente pola destrucción sistemática das aldeas e dos medios tradicionais de vida así como pola falta total de inversións do estado, obrigou a xente a marchar ás cidades do Este (Estambul. Ankara, Izmir...) onde forman enormes bolsas de miseria, ou masivamente ao estranxeiro ( só en Alemania hai un millón de kurdos).
Xeitos máxicos de baleirar unha patria na suxerente Turquía.
A implantación dun eterno “Estado de Emergencia” nos territorios kurdos nos que quedan en suspenso incluso as cativas garantías legais que rexen no resto de Turquía, fai que nos últimos vinte anos a poboación viva nun terrible e asfixiante clima de terror. A ocupación militar do Kurdistán ocupado por Turquía ten no seu haber trinta mil mortos nos últimos 20 anos, cinco mil aldeas arrasadas, millóns de desprazados , torturados, detidos , desaparecidos.
Como exemplo do “heroico” comportamento do exército turco (que é membro da OTAN) baste dicir que os soldados podían canxear unha orella dun guerrilleiro por mil dólares. Os “heroicos” soldados turcos remataban matando a calquera kurdo, aínda que nada tivese que ver coa guerrilla, para cortarlle a orella e poder cobrar os mil dólares. Abominables actos que se converten en fermosos poemas de heroísmo otomano nas sanguentas bocas dos xenerais fascista.
E a guerra sucia propiaciada , protexida e pagada polo estado turco. E ese exército de “ cipaios ” kurdos (70.000), camados gardiáns de aldea”, armados e pagados polo goberno turco para controlar e asasinar os kurdos que non se resignan a asistir impasibles ao xenocidio do seu pobo.
Bucólicas escenas de morte na fascinante Turquía.
Se os norteamericanos querían atopar armas de destrucción masiva, non tiñan máis que botar unha ollada na súa OTAN. Alí hai un exército que leva destruíndo masivamente un pobo dende hai anos. Se quere topar fosas comúns clandestinas que busque nas montañas do Kurdistan , alí atopará centos delas , nos buracos cavados por un exército da OTAN. Se quere atopar cadeas arrepiantes onde se tortura e morren milleiros de presos, que mire nos cárceres que o seu amigo da OTAN ten na Anatolia . Se busca países nos que non se respecten os dereitos humanos, que vaia a ese país da OTAN chamado Turquía e que lle pregunte a un ancián kurdo ,, ou a un neno kurdo, qué pensan da súa política de implantar a “ fermosa democracia americana” en todos os países do planeta.
Os desaparecidos foron a solución final. DESAPARECIDOS nun país de Europa, nun paìs da OTAN, desaparecidos antes e despois da guerra de Bosnia, antes e despois da guerra de Irak, desaparecendo agora , cando Turquía chama ás portas de Europa con catro mentiras mal contadas das que calquera pode comprobar a falsidade . Porque ningunha das pequenas reformas que o parlamento turco aprobou e deu a coñecer a prensa internacional chegaron a cumprirse . A pena de morte non foi abolida dado que tanto a policía como os paramilitares fascistas amparados por ela seguen matando impunemente.
O estado de excepción no Kurdistán non foi levantado. O idioma kurdo segue sen ser ensinado nas escolas e os mestres que, fóra delas , intentan ensinalo son asesinados, (literalmente asasinados ). Todas as organizacións kurdas están ilegalizadas e son perseguidas. Non está permitido ningún tipo de publicacións en kurdo. Hai unha Turquía aparentemente máis permisiva nas zonas do Leste, decorados idílicos para non ferir a sensibilidade dos turistas. Pero son todo mentiras para Europa. Xenocidio para os kurdos.