POR QUÉ CHIAPAS?


"A zapatista é apenas unha casiña, acaso a máis pequena, nunha rúa chamada México, nun barrio chamado Latinoamérica, nunha cidade chamada Mundo"

Nesta casa un día decidiron levantar-se e berrar Basta!. E o día seguinte se levantaron e berraron Basta!. E así até hoxe e mañá. Únen-se a outras casas e chaman a máis portas así até hoxe e mañá. Dispostos a todo, incluso a asumir erros. So hai algo para o que parecen non estar preparados: voltar atrás.

Para achegarmos ao conflicto poderiamos partir da mistura de vários procesos: o problema agrário, a modernización da economía chiapaneca, o desenrolo político-ideolóxico dun amplo movemento campesiño e popular, a violencia guvernamental e a falta de democracia. Todo unido a un pasado marcado por 500 anos de luita.

"O pasado conta (...) polo que significa para nós... O pasado estápresente en todas as esferas da vida social"

A história de Chiapas está marcada por diversas luitas e conflictos en torno a propiedade e modos de uso da terra. As expulsións de indíxenas son tan frecuentes como as necesidades de terras suplementárias dos gandeiros, cafeticultores ou productores de plátano. As expulsións levaron aos indíxenas de Chiapas a vivir en condicións de pobreza nas terras menos fértiles.

As respostas foron moitas pero case sempre silenciadas pola forza dun racismo que xustifica incluso a morte e por unha legalidade en benefício exclusivo dos poderosos.

Chiapas é un dos tantos nudos críticos da reestructuración mundial capitalista. Posúe riquezas de importáncia estratéxica para a reproducción global. O que supón un espazo de confrontación entre diferentes estratéxias de acumulación de capital.

En Chiapas non exprésan-se somente os conflictos interburgueses que derivan dunha concepción e utilización distintas das riquezas naturais, senón tamén os límites mesmos do desenrolo capitalista, na medida que é escenário dun caso extremo de explotación e de opresión cultural e política do ser humano.

O 1 de xaneiro de 1994 ten lugar o 1º alzamento armado do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) en Chiapas e lanzan o primeiro comunicado: a 1º Declaración da Selva Lacandona coa que declaran a guerra ao governo de Carlos Salinas de Gortari e anuncian a súa loita pola democracia, liberdade e xustiza para todos os mexicanos.

O levantamento zapatista está lonxe de ser un movemento étnico, estrictamente indíxena. Tráta-se dun movemento armado que reivindica e pon no centro da súa acción, demandas própias das sociedades modernas: democracia, liberdade e xustiza.

A prensa e o propio governo difunde que o EZLN é unha organización de indíxenas e a explicación da súa orixe redúce-se á marxinalidade dos pobos indios da Selva e Os Altos de Chiapas. Esta idea non ten fundamento, pois o EZLN é o resultado dun longo proceso de organización e loita do povo mexicano pola democracia, a liberdade política, os dereitos humanos e pola xustiza.

Os pobres de México non son só os pobos indios, son a inmensa maioría da poboación condeada por unha política económica excluíente, neoliberal, que levou á pobreza e á miséria a perto de 40 millóns de mexicanos e marxinou-nos dos órgaos de decisión e de governo. Estamos ante un caso particular dunha expresión das contradiccións do acontecer MUNDIAL.

E este tipo de política non só condea ao povo mexicano. Non esquezamos que son moitas as "casas", cada cal máis pequena, de distintas rúas, en millóns de barrios, desta cidade chamada mundo.

"Estamos rachando cunha dictadura, cun sistema político dictatorial definido por un partido de estado e polo presidencialismo, un sistema político que basea o seu poder na usurpación da vontade popular e na imposición dun proxecto económico que sacrifica os sectores sociais máis importantes do país, para beneficiar a un puñado de familias, entre as que atópan-se as familias dos governantes."
(EZLN)


No foro nº 14 de UTOPÍA pretendemos achegarnos a esta nova experiencia de luita. Ser eco, polo menos, das súas palabras e concretamente da súa última proposta que manifestan na Sexta Declaración.



         
VOLTAR INICIO