"Pensándolo bien, no se trata ni siquiera de un estilo, porque el "neorrealismo" no fue creado en tomo a la mesa o en medio de una discusión. Nació en nosotros, en nuestro ánimo, en la necesidad de expresarnos de forma diversa a como nos habían obligado el fascismo y un cierto tipo de cine norteamericano. Así, de esta rebelión nació Sciusciá y poco después Ladrón de bicicletas, con lo que el neorrealismo se convirtió en algo definitivo, válido en el terreno de la expresión cinematográfica o en el arte, naciendo una forma de espectáculo que sería posteriormente muy apreciada y que acabaría imponiéndose en todo el mundo"
Vittorio de Sica
Moitos historiadores e
críticos do cinema defenden que o neorrealismo italiano foi
máis que un movemento de natureza histórica. Afirman que
configúrase coma o cinema nacente dunha nova actitude perante a
realidade, como a arte do pobre e do austero, coma o cinema onde
destacan as virtudes testimoniais.
O neorrealismo tivo a súa revelación no primer Festival de Cannes no 1946 con Roma, cidade aberta de Roberto Rossellini (1945) e O bandido de Lattuada ( 1946), aínda que noutras películas coma Catro pasos polas nubes de Blasetti ( 1942), Os nenos nos miran de Vittorio de Sica (1943) e Obsesión de Visconti (1942) atopamos os antecedentes máis inmediatos. Polo tanto, o neorrealismo consolídase ao rematar a Segunda Guerra Mundial, a mediados dos anos corenta e remata ou ten un ponto de inflexión no 1952-53.
Nas reaIizacións neorrealistas apréciase un cIaro. sentimento de preocupación social. Desde perspectivas individuais achéganse á realidade colectiva do seu tempo: repercusión da guerra, destruccións de familias, abandono dos nenos, o desemprego, os pensionistas... As películas son rodadas en espacios naturais, reflexo dunha realidade inmediata, aquí e agora, nun lugar e momento concreto e actual.
Esteticamente caracterízanse por un tipo de fotografía moi oscura debido á falta de medios e materiais pero dá un resultado moi fidedigno. A maior parte das veces os actores non son profesionais. As ferramentas, materiais e medios económicos dos que dispoñen os trabaIladores do cinema neste momento, poden resultar negativos ou precarios pero saben recuperalos, darlle a volta e convertilos en características estéticas fundamentais de este tipo de películas.
"...Non me gustan os decorados, detesto as maquillaxes e prefiro prescindir dos actores..."
Roberto Rossellini
Moitas destas características non supoñen
ningunha novidade na historia do cinema, pero o mundo neorrealista
é máis complexo que a combinación destes
elementos. As mulleres e homes que descubrimos detrás do
denominado neorrealismo italiano vencella-lles expresarse nunha mesma
época, tendo en conta a persoas comúns e
contemporáneas coma obxecto de preocupación e de
búsqueda. Cara ás mulleres e homes dirixen a súas
oIladas, as súas mentes, corazóns e materiais
artísticos. É un esforzo de recuperación
(situación e sentimento xeral na Italia do momento) que non
nasce do valeiro, nin de reflexións trascendentais ou
filosóficas. Crea-se na vida, no cotiá, na
destrucción, no tráxico ; nace na oscuridade, no real, na
desesperación, no amor...e avanza cara a utopía.
Vittorio de Sica di : " Quixen dicir coas miñas peIículas unha palabra en proI da humanidade sufrinte, necesitada, con optimismo, crendo que o cinema podería ter influenciado na xente, ou educa-la: aínda que de nada serviu este interese. A humanidade é sorda e cega, e vai cara adiante así. (...) Non valen para nada as peIículas como estas. Ninguén realmente escóita-nos. Soamente se procura o divertimento, pasar un bo intre"
Mentres, co paso do tempo a esperanza de de Sica maichita-se, a maioría das súas películas, como as dos seus compañeiros, adquiren máis valor e recoñecemento mundial, o cal, non deixa de ser paradóxico. Quizais o neorrealismo nunca foi comprendido e estes homes nunca conseguiron rematar as súas obras.
"Amor á vida, e protesta á guerra", son palabras de Zavattini para explicar o esencial do neorrealismo. Rossellini di que "a película realista é o filme que plantexa dificultades: a película que procura facer pensar" E todos eles, dende diversos xeitos de expresión e manifestación, baixo diferentes ideoloxías e modos de ver o mundo seguen a mesma Iiña. É isto precisamente o que pretendemos recuperar , non grandes clásicos da historia do cinema, non a importantes artistas, nin teorías ou estudos cinematográficos. Simplemente dar-lle unha nova oportunidade aos verdadeiros intereses que fican detrás destas películas, que non van máis alá de nós mesmos. Fálan-nos de nós e directamente a nós. O resto é anecdótico. Buscan a nosa reflexión real e actual, a crítica, o pensamento e o cambio. Esto non é espectáculo, é un chamamento.
"Cando alguén -declarará publicamente- sexa o publico, o Estado ou a Igrexa, di " Abonda de pobreza, abonda de películas que reflexan a pobreza", comete un delito moral. É que se nega a comprender, a enterarse. E o non querer enterarse, conscientemente ou non, sustraese a realidade"
Cesare Zavattini