KURDISTÁN: O PROBLEMA TURCO


Se comenzamos a historia simplemente dende Kemal Ataturk, os métodos de opresión empregados contra Kurdistán son un longo rosario de atrocidades. Ataturk empregoulles para gañar a guerra, e unha vez rematada esta, rompeu todas as promesas que lles fixera. Comezaba a longa e salvaxe represión do réxime kemalista que durará ata os nosos días.

Logo o estado turco utilizou o método de negar a súa existencia. Deixaron de existir. Foron borrados dos mapas, da Historia, da cultura, da arte..., prohibida a súa lingua, a súa música, as súas tradicións. Os seus nomes, os seus apelidos, os nomes das súas cidades, os seus topónimos...foron asimilados á lingua turca. Hoxe milleiros de kurdos asimilados nen sequera saben que son kurdos.

A quince millóns de kurdos (un tercio da poboación do Juan, Fayik, Ridvan e Irfan estado turco), fóronlles negados todos os dereitos incluído o da existencia.

A gran maioría dos cidadáns turcos ata hai moi pouco, ignoraban que existía Kurdistán e os kurdos, que no seu estado había unha lingua falada por quince millóns de habitantes, e que nun tercio do territorio do estado existía unha das culturas máis ricas e antigas do mundo. "Kurdistán" e "kurdo" foron palabras eliminadas dos libros de texto, dos periódicos, da radio, da TV, do cine, da canción...Palabras prohibidas, ilegais, desterradas... E o verde, amarelo e bermello foi considerada unha mistura de cores perigosa. Ata se tentou discutir no Parlamento se se debería mudar a cor dos semáforos para que non coincidiran coas da bandeira kurda. Turquía non é o enfermo de Europa, é o esquizofrénico.

Mil xeitos de exterminar un pobo na fermosa Turquía. Pode que as estructuras sociais tradicionais impidan aos kurdos alcanzar aínda a noción moderna de nación, pero non hai pobo no mundo que teña loitado pola súa liberdade durante tanto tempo tempo e contra tantos inimigos como o pobo kurdo. E esa Turquía que Ataturk fundou cos restos do Imperio Otomano é simplemente o último inimigo.

Tamén tentou o método das deportacións masivas. Non fixeron máis que espallar o problema por todo o territorio do estado. Debido ao crecimiento demográfico, moito maior do pobo kurdo en comparación co turco, as zonas de deportación rápidamente invirten as porcentaxes a favor dos kurdos.

Dentro desta política de expulsión do territorio está tamén a emigración. Provocada fundamentalmente pola destrucción sistemática das aldeas e dos medios tradicionais de vida, asi como pola falta total de inversión do Estado, obrigou á xente a marchar ás cidades deo este (Estambul, Ankara, Izmir...) onde forman enormes bolsas de miseria, ou masivamente ao extranxeiro (só en Alemania hai un millón de kurdos).

Xeitos máxicos de baleirar unha patria na suxerente Turquía.

A implantacuón dun eterno "estado de emerxencia" nos territorios kurdos nos que quedan en suspenso incluso as cativas garantías legais que rexen no resto de Turquía, fai que nos últimos kurdistan 20 anos a poboación viva nun terrible e asfixiante clima de terror. A ocupación militar do Kurdistán turco ten no seu haber 30.000 mortos nos últimos 20 anos, 5.000 aldeas arrasadas, millóns de desprazados, torturados, detidos, desaparecidos.

Como exemplo do "heroico" comportamento do exército turco (que é membro da OTAN) baste dicir que os soldados podían canxear unha orella dun guerrilleiro por mil dólares. Os "heroicos" soldados turcos remataban matando a calquera kurdo, aínda que nada tivese que ver coa guerrilla, para cortarlle a orella e poder cobrar os mil dólares. Abominables actos que se converten en fermosos poemas de heroísmo otomano nas sanguentas bocas dos xenerais fascistas.

É a "guerra sucia" propiciada, protexida e pagada polo Estado turco. E ese exército de "cipaios" kurdos (70.000), chamados "guardiáns de aldea", armados e pagados polo Goberno turco para controlar e asasinar aos kurdos que non se resignan a asistir impasibles ao xenocidio do seu pobo. Bucólicas escenas de morte na fascinante Turquía. Se os norteamericanos querían atopar armas de destrucción masiva, non tiñan mais que botar unha ollada na súa OTAN. Alí hai un exército que leva destruíndo masivamente un pobo dende hai anos. Se quere atopar fosas comúns clandestinas que busque nas montañas do Kurdistán, alí atopará centos delas, nos buracos cavados por un exército da OTAN. Se quería atopar cadeas arrepiantes onde se tortura e se mata ao máis puro estilo americano a milleiros de presos, só tiña que entrar nas cárceres que o seu amigo da OTAN ten na Anatolia. Se busca países nos que non se respecten os dereitos humanos, que vaia a ese país da OTAN chamado Turquía e que lle pregunte a un ancián kurdo, ou a un neno kurdo, que pensan da súa política de implantar a "fermosa democracia americana" en todos os países do planeta.

Os desaparecidos foron a solución final. Desaparecidos nun país de Europa, nun país da OTAN, desaparecidos antes e Un momento da charla despois da guerra de Bosnia, antes e despois da guerra de Irak, desaparecendo agora, cando Turquía chama ás portas de Europa con catro mentiras mal contadas das que calquera pode comprobar a falsidade. Porque ningunha das pequenas reformas que o Parlamento turco aprobou e deu a coñecer á prensa internacional chegaron a cumprirse. A pena de morte non foi abolida, dado que tanto a policía como os paramilitares fascistas amparados por ella seguen matando impunemente.

O estado de excepción no Kurdistán non foi levantado. O idioma kurdo segue sen ser ensinado nas escolas e os mestres que, fora delas, intentan ensinalo son asasinados, (literalmente asasinados). A media hora de kurdo emitida pola radio estatal é irrisoria sobre todo se se pensa que se emite entre media hora de árabe, bosnio, etc. Fai uns días o cantante Ibahim Tatlises viu a súa casa rodeada de milleiros de fascistas ultranacionalistas por ter cantado nun festival unha canción en kurdo. Ibahim Tatlises é un "Julio Iglesias" multimillonario e moderado. A liberación da parlamentaria Leyla Zana (14 anos de cadea por levar ao Parlamento unha diadema roxa, verde e amarela) é a moeda coa que tratan de comprar a súa entrada na Unión Europea. Pero a realidade é que todas as organizacións kurdas están ilegalizadas e son perseguidas, o seu periódico censurado e pechado, os líderes acosados e detidos. As cativas reformas son só titulares de periódicos que os fascistas, a policía e o exército nunca permiten que se realicen.

Hai unha Turquía aparentemente máis permisiva nas zonas do leste, decorados idílicos para non ferir a sensibilidade dos turistas. Pero son todo mentiras para Europa. Xenocidio para os kurdos.

Aquí tes un enlace á páxina de Kurdistán en Nodo50

VOLTAR INICIO