
II CONCERTO DA MEMORIA
RECORDAR CAMPOSANCOS
UTOPÍA FORO organizan o II CONCERTO DA MEMORIA, este ano Na Guarda en homenaxe as víctimas do campo de concentración de Camposancos.
Se o primeiro CONCERTO DA MEMORIA foi realizado na Illa de San Simón, triste símbolo de sofremento para os perdedores da Guerra Civil, o II CONCERTO DA MEMORIA vaise celebrar Na Guarda en memoria das víctimas do penal de Camposancos.
Este campo de concentración foi o máis grande de todo o estado. Foi chamado o Mauthanusen español. Utilizando o gran edificio que a Compañía de Xesús tiña en nese lugar, na beira do Miño, creouse o centro de detención maior de España. Foi chamado polo macabro sarcasmo fascista “Centro de Clasificación”. En principio se “clasificaron” presos asturianos, cántabros e vascos. Logo, truxéronos de toda a península.
Nun espacio para 800 persoas (según datos dos réximen) foron internadas 3.000. A “clasificación” consistía en decicir a quen fusilaban inmediatamente, a quen entregaban aos falaxintas para que, polas noites, foran sementando as cunetas con cadáveres e a quen lle facían un xuicio farsa antes de fusilar. Parece que é imposíbel saber cantos dos que entraron en Camposancos foron asasinados, aos que habería que sumar todos os que morreron por falla de atención médica, hixiene, fame, intentando fuxir etc.
Neste ano no que o parlamento español acaba de aprobar unha ABSOLUTAMENTE insatisfatoria, lei que máis que da memoria histórica debera chamarse de “inxuticia histórica”, queremos rendir homenaxe a todas as víctimas do golpe de estado fascista do 36 neste lugar de Camposancos que é un símbolo permanente daquela barbarie e abiección. Unha lei que nace mutilada, cuestionada e sen credibilidade algunha.
- Porque non esixe responsabilidades a aqueles elementos fascistas que teñen as mans manchadas de sangue e inda están vivos.
- Porque non esixe a Igrexa Católica que pida perdón púbricamente polo apoio en corpo e ialma a o golpe fascista e a represión que tras él houbo durante corenta anos de dictadura.
-Porque segue a haber nas distintans institucións do estado xentes que participaron no reximen franquista.
-Porque segue a haber partidos con representación parlamentaria que se negan a condear sen suterfuxios o golpe de estado do 36 e o reximen do xeral Franco.
-Porque segue a estar de xefe do estado español aquel a quen Franco elexiu para resaturar a monarquía.
-Porque non restitue a legalidade vixente antes do golpe de estado.
-Porque deixa o esclarecimento dos feitos acaecidos así como o descobremento e levantamento das fosas comúns en mans dos cidadáns e non das institucións.
-Porque non restitue o os bens comúns e privados, expoliados polo réximen e a Igrexa Católica, aos seu verdadeiros donos.
Neste contexto Camposancos levántase como unha denuncia inquebrantable da inxustiza que non se pode esquecer, da memoria da barbarie que non se pode repetir, da xusticia que temos que esixir sen descanso até que unha verdadeira lei da memoria lles de paz aos que morreron pola nosa liberdade e nos reconcilie, aos que vivimos pola liberdade, cun pasado que sen xustiza nunca deixará de doernos. NUNCA, NUNCA SE PECHARÁ A FERIDA DO GOLPE DE ESTADO FASCISTA MENTRAS NON SE CURE COMO É DEBIDO. E todas as leis feitas dende a transición son vendas, vendas para os seus ollos, que deixan a ferida aberta.
UTOPÍA FORO