
CONFERENCIA DE ANTONIO CAEIRO
A MEMORIA HISTÓRICA TEN QUE CONDUCIR A UNHA XUSTICIA HISTÓRICA:
A RESTITUCIÓN DO SISTEMA LEGAL DERROCADO POLO POLO GOLPE DE ESTADO DO XERAL FRANCO
A actual monarquía española non é a restitución do sistema legal vixente anterior ao golpe de estado do 36, se non a evolución do franquismo.
O triunfo dos partidos republicanos no 31 conduciu á supresión democrática da monarquia e a sua expulsión do estado español.
É o xeral golpista Franco é quen decide restaurar a monarquia borbónica e escolle a Juan Carlos para reinar. Esta restauración decidida por un feixista violou á decisión democrática votada polo pobo español que votou libre e mayoritariamente pola expulsión da monarquía e a instauración da república no 1931.
Este golpista feixista, aliado de Hitler e Musolini, é quen durante os negros anos da súa ditadura, protexe, cuida, forma, educa, dirixe e planifica o futuro de Juan Carlos.
É Franco quen decide que Juan Carlos sexa o heredeiro no que se restaure a monarquia. É Juan Carlos quen permanece ao lado do ditador mentres na sua "amada España" a tortura, as detecións, a falta de liberdades democráticas, os asasinatos en comisarías, os xuízos sumarísimos, as penas de morte... son práticas diárias, sistemáticas
e reiteradas. O entón príncipe e hoxe rei paladín das "liberdades", asistiu a todos esas atrocidades asintindo co seu siléncio cúmplice ou co seu apoio solidário ao ditador que o acolleu baixo a sua protección.
Son as cortes franquistas quen coroan rei a Juan Carlos.
Son as cortes franquistas, por orde do xeral golpista, quen restauran a monarquia borbónica.
Son as cortes franquistas quen escollen a un chefe do movimento feixista chamado Adolfo Suárez para que convenza á socialdemocracia do PSOE e do PCE, asi como aos nacionalismo de direitas, de que aceiten a evolución do franquismo cara unha monarquia parlamentária como ÚNICA OPCIÓN de futuro para o estado español.
O invento da "transición" é o método utilizado polo franquismo para pasar dunha ditadura feixista a unha monarquia parlamentária sen que pagasen polos seus crimes os responsábeis de subverter a orde constitucional e de manter durante corenta anos unha ditadura criminal.
Os mesmo franquismo que corenta años atrás os ilegalizou, confiscou os seus bens, torturou, asasinou , fixo desaparecer, exilou... é quen lle ofrece ao PSOE, o PCE, e oas nacionalistan de direitas, a legalidade. E estes aceitan a AMNESIA HISTÓRICA da transición, ou o que é o mesmo: esquecerse de todos os crimes da dictadura, e deixar na impunidade a todos aqueles que tiveron responsabilidade en ela.
A pesar desa conspiración de siléncio selada entre os golpistas do 36 e os traidores do 76, os mortos seguen desenterrándose nas cunetas, seguen descobrindo-se fosas comuns, e os familiares das vítimas, publican esquelas co nome dos asasinos.
A pesar do pacto de desmemória que foi a "transición", o pobo desenterra aos seus mortos, pede as revisión e anulación dos xuízos do franquismo, que se xulgue aos responsábeis dos crimes da ditadura, e se aparte da vida política a todos aquilos que participaron dunha ou outra forma en ela.
Os asinantes do PACTO DE AMNESIA HISTÓRICA creron que o tempo conseguiria facer esquecer ao pobo a imensa inxustiza que subpuxo esa "LEI DE PONTO FINAL" chamada "transición".
Lonxe diso o pobo lembra, busca a verdade cada vez con maior intensidade. Pouco a pouco, o que eran pequenos indicios de rebelión contra o siléncio vanse convertendo nun clamor que ameaza con desenterrar ás vítimas e enterrar nunha fosa de vergoña aos asasinos e aos que co seu siléncio se voltaron os seus cúmplices. Como unha ferida infectada que se tratou de ocultar baixo a tiriña da "transición" que ao final non logrou outra cousa que demorar a auténtica cura, prolongar o dor e facer mais dificultoso o remédio. Sen que nengun partido ou sindicato os apoie, a pesar de que os partidos e sindicatos tratan de disuadilos, cada vez mais persoas, exixen o esclarecimento do ocorrido, exixen coñecer a verdade do ocorrido, exixen coñecer aos responsábeis do ocorrido.
"A MEMÓRIA HISTÓRICA" se converteu en tema de debate diário. É polo que agora, os mesmos que venderon a dignidade dun pobo coa moeda do esquecimento, tratan de se pór á cabeza desa loita.
O PSOE nun acto de desvergoña increibel declara o "ano da memória histórica", como declara o "ano da auga" ou o "ano da paella". Trata de que con catro actos deseñados e catro palabriñas de perdón esqueza-se o tema. O PCE coa máscara de IU monta o teatriño de "exixir " ao PSOE que vaia un pouquiño mais alá. Agora ven con esa hipocresía, eles, o PCE, que foron os case únicos responsábeis de que a ditadura franquista pudese reconvertirse en monarquia borbónica sen pagar nengun prezo.
Por outra parte a direita, cada vez mais extrema, trata de apagar o incéndio utilizando aos incendiarios que ten en nómina: unha lexión de xornalistas sen escrúpulos dispostos a enfangarlo todo para que non se note a sua merda, un sen número de meios de comunicación cuspindo bilis sen cesar como O Mundo ou a COPE, unha caterva de seudo historiadores dispostos a revisar mesmo a idade de Fraga para demostrar que na transición ainda non nacera.
Poden voltar a pechar a ferida sen curar, pero voltará a supurar e somente conseguirán que dentro de non moito tempo estoupe con maior virulencia.
- A DEMOCRACIA VERDADEIRA COMENZARÁ CANDO SE RESTITUA A LEGALIDADE DA II REPÚBLICA
- A DEMOCRACIA VERDADEIRA COMENZARÁ CANDO SE DESENTERRE O ÚLTIMO A SASINADO POLO FRANQUISMO
- A DEMOCRACIA VERDADEIRA COMENZARÁ CANDO SE FAGAN PÚBLICAS AS RESPONSABILIDADES E SE XULGUE A TODOS OS MILITARES, XUICES, POLICIAS, E "AUTORIDADES CIVIS" QUE EXERCERON COMO TAIS DURANTE TODO O TEMPO QUE DUROU A DITADURA FRANQUISTA
- A DEMOCRACIA VERDADEIRA COMENZARÁ CANDO A IGREXA CATÓLICA ESPAÑOLA PIDA PERDÓN POR O SEU APOIO TOTAL E OSTENTOSO A O RÉXIMEN CRIMINAL DE FRANCO AO QUE PASEO BAIXO PALIO E DEU COBERTURA MORAL, E POLA SÚA PARTICIPACIÓN COMO CLARO ELEMENTO DE REPRESIÓN CONTRA O POBO
- A DEMOCRACIA VERDADEIRA COMENZARÁ CANDO SE RESTITUAN OS BENS E A HONRA, E SE REVISEN E ANULEN TODOS OS XUÍZOS POLÍTICOS DESDE O DIA DO GOLPE MILITAR ATÉ HOXE
- NON HABERÁ PAZ VERDADEIRA ATÉ QUE DESAPAREZAN TODOS OS SÍMBOLOS, NOMES E MONUMENTOS QUE FAGAN REFERÉNCIA A FRANQUISMO
- NON HABERÁ PAZ VERDADEIRA ATÉ QUE O POBO COÑEZA O NOME E A IMAXE DE TODOS, TODOS, OS HOMES E MULLERES QUEN DERON A VIDA, FORON DESAPARECIDOS, SOFRERON TORTURA E CÁRCEL POR DEFENDER A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA DA II REPÚBLICA E POR DEVOLVER AS LIBERDADES AO POBO
UTOPÍA FORO
VIGO 2006