KURDISTAN

O NACIONALISMO DE ESQUERDAS (I)

 

A victoria do sistema capitalista a nivel mundial trouxo, entre outras consecuencias, o retroceso, cando non a derrota, de todas aquelas loitas que se estaban a dar desde plantexamentos socialistas, como ocorría na casi totalidade dos movimentos de liberación nacional.
Se falamos destas loitas de liberación nacional levadas a cabo naquelas nacións que por diversos avatares da historia non chegaron a constituirse en estado, a longa, lenta e incuestionabel derrota segue plasmandose día a día.
As loitas de liberación nacional tiveron formas específicas en cada lugar, e o grao de implantación e eficacia foi tamén desigual. Cando o capitalismo fai-se exemónico no mundo, a conciencia nacional en cada un deses pobos sen estado é moi distinta. Baste pensar no Ulster, en Galiza, en Euskadi ou no Kurdistán, por poñer só algúns exemplos.
No principio do camiño dos nacionalismos estaba a consecución da INDEPENDENCIA ou o que é o mesmo: a creación de un estado propio. Sexa que apareza primeiro a loita política, ou a loita armada, todos os movimentos de liberación plantexanse a nacesidade de empregar os dous xeitos de loita interrelacionados.
Os movimentos de liberación que conseguen estructurar organizacións armadas fortes cun respaldo importante da poboación, que son capaces de se enfrontar a violencia que o estado pretende exercer en exclusiva, son os nacionalismos que conseguen achegarse máis á independencia das súas nacións. IRA, ETA… e os seus frontes políticos Sein Fein, Batasuna… son exemplos neste senso.
O fracaso da loita militar, que como plantexabamos ao principio coincide coa victoria do capitalismo a nivel mundial, supón o abandono da violencia como método de loita polos movimentos de liberación nacional, ou o que é o mesmo, polas correntes maioritarias dentro do nacionalismo independentista. primeiro foi o IRA, próximamente será ETA…
É certo que cada vez que se materializa este abandono da violencia sempre hai un pequeno sector disposto a non rendirse (o IRA auténtico…) pero o papel que xogarán, o reducido espazo político no que terán que moverse abócaos a inoperancia e a desesperación.

Habería que facer constar aquí que outros movimentos de liberación tiñan rendido xa a súa loita armada, incapaces (ou sen vontade) de conquerir o apoio necesario dos seus pobos. E o caso do fin de Terra LLure polo PSAN catalán, ou o da vía Reboiras abandoada pola UPG en Galiza.
Unha vez finiquitadas as organizacións armadas, aos movimentos de liberación quédanlles os aparellos políticos e a loita institucional como única vía para conquerir un estado propio para a súa nación. A estes aparellos políticos non lle queda outro xeito de sobrevivir que participando nas intitucións do estado central. Para isto teñen que pasar por alto a contradicción de estar colaborando con quen son responsables de que as súas nacións non teñan un estado propio.
Esa nación dominante ten así o seu paisaxe idílico: consegue meter dentro das institucións, dentro do seu ordeamento xurídico, dentro das súas constitucións aos nacionalismos noutro tempo independentistas. Mil veces repiten que nas súas democracias burguesas cabe defender “pacíficamente”, sen utilizar a violencia, calquer opción incluída a independencia. Claro que pásase por alto o feito de que nas súas cosntitucións teñen un punto no que se di que o seu exército garante a unidade do estado imposibilitando a independencia aínda que para iso teña que exercer a violencia. E así pechando este círculo rematamos todos xogando a pita cega.
Os distintos xeitos que teñen os estados para tentar de resolver o problema dos seus nacionalismos interiores é variado: estado confederal, federal, autonómico, descentralizado… todos eles tratan de ser a venda coa que pretenden adiantarse ao que para eles é a futura enfermidade da secesión dalgunha parte dos seus sagrados, inamovibeis e inviolabeis territorios.
Castrados os movimentos de liberación ao quedarse sen o único elemento que o estado central realmente temía: as organizacións armadas; ás organizacións políticas nacionalistas que partiron pretendendo conquerir un estado propio vense reducidas a organizacións mendicantes, a organizacións basoura, adicadas unicamente a “barrer para casa”, arricarlle ao estado central unha mellora lingüística aquí, uns millóns para infrastructuras alá, unhas competencias sobre reutilización do lixo alí…
Nada que teña que ver coa recuperación da dignidade e o poder real que dá a consecución dun estado.
As derrotas, ou autoderrotas, dos movimentos independentistas nalgúns casos resultan terriblemente tráxicas. Se miramos ao Ulter, por exemplo, comprobamos que para conquerir unha autonomía máis cativa que a Asturiana foron preciso unha incontable destrucción, millerios de mortos, milleiros de presos, torturados executados, exiliados…
Se miramos ao Kurdistán a situación e aínda pior, millóns de desprazados, milleiros de aldeas destruídas, milleiros de mortos, desaparecidos… para conquerir unha folla de ruta na que nin aparece a petición de autonomía. E non falemos xa do Kurdistán sirio onde se conforman con que lle recoñezan a cidadanía siria.
Pero como explicación disto Mehdí Zana di que cando el levaba un mes sen comer nunha folga de fame simplemente soñaba cun anaco de pan quente.

 Os dous feitos irrefutabeis son:

-a imposibilidade de vencer empregando a violencia

-e a imposibilidade de chegar a independencia participando nas institucións do estado.

Chegados a este punto ¿cal pode ser o futuro das loitas de liberación nacional?

Se se renuncia a creación dun estado propio ¿Qué sentido ten ter organizacións propias?

Si só tratase de ir arrincándolle ao estado central beneficios ¿non se pode chegar a conclusión de que se conquerirían máis cousas estando nos grandes partidos estatais?

Se se acepta todo o ordeamento do estado no que se encaixan as nacións que nel hai ¿non se remata perfeccioando e reforzando ese estado central e polo tanto alonxándonos cada vez máis de conquerir un estado propio?

 O plantexamento de todas estas cuestións nada ten que ver con posturas derrotistas, pesimistas ou liqudacionistas: trátase só de utilizar a millor arma que temos , a intelixencia, para ser capaces de conseguir aquilo que consideramos xusto. A.S.K.

Parécenos que estas son algunhas cuestións sobre as que debatir. UTOPÍA-FORO

***************************************************************************

NEWROZ 2006

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Sábado 18 de marzo: X antar en Pontevedra
 Sábado 18 de marzo ás 20,30 h.: Conferencia de SIVAN RIPAN (membro do Congreso Nacional Kurdo)

 

 CICLO DE PROXECCIÓNS SOBRE KURDISTÁN :

Xoves 9 de marzo ás 20,30 h. : "KURDISTÁN, VIAXE A O PAIS PROIBIDO"
Xoves 23 de marzo ás 20,30 h. :  “A VIAXE DE VINA "
Domingo 25 de marzo ás 22,30 h. :  “AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN”
de Bahman Ghobadi
Xoves 30 de marzo ás 20,30 h. :  “LEYLA ZANA” de Javier Corchera
Xoves 30 de marzo ás 22,30 h. :  
“SIVAN PERWER. CONCERTO DO 2003”

 TODAS AS PROXECCIÓNS FARANSE NO CAFÉ UF

 

 

 

 

VOLTARINICIO