
XENOCIDIO ARMENIO
|
![]() |
Foron os arménios os primeiros en sofrer, no século xx, o experimento das matanzas organizadas. Logo seguíron-lle os xudeus e os ciganos europeos a mans do nazi-feixismo. Os xaponesese segaron a vida de dez millóns de chineses durante a Segunda Guerra Mundial, nunha orxía racista incríbel. No século xx, houbo tamén outras matanzas tremendas : os bombardeos a poboazóns civís durante a guerra civil española - bombardeo na cidade basca de Guernica - e no Vietnam ; os crimes de Pol Pot na Comboia, que custaron un millón de vítimas ; os xenocídios entre tutsis e hutus na Ruanda ; e o drama dos musulmáns e croatas masacrados polos servios na Bosnia-Herzegovina. Na culta e moderna Europa actual, a discriminazón das minorías árabes e ciganas, recuperou na Alemania, Francia, Italia e Austria, a lembranza dunha traxedia antisemita nas primeiras décadas do pasado século. Cando Adolf Hitler decidiu o asasinato dos xudeus lembrou únicamente, o xenocídio do pobo arménio. Preguntou-se : ?¿Quen fala hoxe do estermínio dos armenios ?? . Non se trata tan só dunha lembranza histórica. No ano 1995 o estado turco adentrou-se en territorio iraquiano masacrando aos kurdos entretanto os Estados Unidos e a Gran Bretaña facían-se os distraídos e os governos do Irán e Irak desentenderon-se da cuestión, permitino que a limpieza étnica contra os kurdos caíra nas mans de Turquía. Soamente a Francia ten denunciado realmente o asasinato de povoazóns civís kurdas entretanto a O.N.U -nunha total anomia- ollaba sen se definir os dramas da Bosnia, Kurdistán ou Chechenia. O historiador Arnold Toynbee sinalou que o silencio ante os xenocídios non ten desculpa. ?Desde os tempos de Temerlan, a historia non voltou a rexistrar un crime horrendo -dicía o historiador ante o xenocidio arménio- e levado a xeito en tan grande escala.? Cando Toynbee escribiu aqueles termos aínda non se coñecera o terror hítlerista e estalinista. Máis iso non é todo. O colonianismo ocidental conta con millóns de mortos e asasinatos na Asia, África e América do Sul, a mans das nazóns tituladas cristiás como España, Holanda, Francia, Portugal e Gran Bretaña. Cando Italia -na segunda década de este século- anexionou Libia, levarón-se a Península a milleiros de reféns -mulleres, homes, nenos e anciáns- para obriga-los a desistir de calquera resistencia ao poder colonial. Ningún libio retornou vivo ao seu país. Depois, a partir de 1922, os feixistas perfecionaron as matanzas contra libios e abisinios indefensos. É por todo isto que lembrar e mobilizar-se contra o xenocídio dos armenios -como contra todos os xenocídios- é un acto da defesa da vida contra o crime e os seus executores, para os que non haberá prescrizón nengunha, nen esquecemento, nen ponto final, nen obediencia devida, nen indultos. Turquía, como Estado, débe-lle ao mundo unha resposta sobre aqueles sangrentos feitos de 1915. A peor das amnesias é a moral. O povo que non lembre, que non teña memória -na que a frivolidade, o pragmatismo, a inercia ou a cobardía ética anule o seu poder de comprensión destes feitos-, tarde ou cedo pagará con acrescemento a súa índolencia ou a súa indiferencia. |