Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán

Os representantes do pobo francés, que formaron unha Asamblea Nacional, considerando que a ignorancia, a neglixencia ou o desprezo dos dereitos humáns son as únicas causas de calamidades públicas e da corrupción dos gobernos, resolveron poñer nunha declaración solemne estos dereitos naturais, imprescriptibles e inalienables; para que, estando esta declaración continuamente presente na mente dos membros da corporación social, poidan mostrarse sempre atentos aos seus dereitos podendo ser confrontados en todo momento para os fins das institucións políticas, poidan ser máis respetados, e tamén para que as aspiracións futuras dos cidadáns, ao ser dirixidas polos principios sinxelos e incontestables, poidan tender sempre a manter a Constitución e a felicidade xeral.

Por estas razóns, a Asamblea Nacional, en presencia do Ser Supremo e coa esperanza da súa bendición e favor, recoñece e declara os seguintes Dereitos do Home e do Cidadán:

• I. Os homes naceron, e continúan sendo, libres e iguais en canto aos seus dereitos. Polo tanto, as distincións civís soamente poderán fundarse na utilidade pública.

• II. A finalidade de todas as asociacións políticas é a protección dos dereitos naturais e imprescriptibles do home; e eses dereitos son liberdade, propiedade, seguridade e resistencia á opresión.

• III. A nación é esencialmente a fonte de toda soberanía; ningún individuo nin ningunha corporación poden revestirse de autoridade algunha que non emane directamente dela.

 IV. A liberdade política consiste en poder facer todo aquilo que non cause perxuicio algún aos demaís. O exercicio dos dereitos naturais de cada home, non ten outros límites que os necesarios para garantizar a calquiera outro home no libre exercicio dos mesmos dereitos; e esos límites soamente poden determinarse pola lei.

• V. A lei soamente debe prohibir as accións perxudiciais á sociedade. O que non está proibido pola lei non debe ser estorbado. Ninguén debe verse obrigado a aquelo que a lei non ordea.

• VI. A lei é expresión da vontade da comunidade. Todos os cidadáns teñen dereito a colaborar na súa formación, sexa persoalmente, sexa por medio dos seus representantes. Debe ser igual para todos, sexa para castigar ou para premiar; e sendo todos iguais ante ela, todos son igualmente elixibles para todas as honras, colocacións e empregos, conforme ás súas distintas capacidades, sen ningunha outra distinción que a creada polas súas virtudes e coñecementos.

• VII. Ningún home pode ser acusado, arrestado nin mantido en confinamento excepto nos casos determinados pola lei e dacordo coas formas por esta prescritas. Todo aquel que promova, solicite, execute ou faga que sexan executadas ordes arbitrarias, debe ser castigado, e todo cidadán requerido ou aprendido por virtude da lei debe obedecer inmediatamente, e se fai culpable se ofrece resistencia.

• VIII. A lei non debe impor outras penas que aquelas que son evidentemente necesarias; e ninguén debe ser castigado senón en virtude dunha lei promulgada con anterioridade á ofensa e legalmente aplicada.

• IX. Todo home é considerado inocente até que fora convicto. Polo tanto, sempre que a súa detención se faga indispensable, evitarase pola lei calquera rigor maior do indispensable para asegurar a súa persoa.

• X. Ningún home debe ser molestado por razón das súas opinións, nin aínda polas súas ideas relixiosas, sempre que ao manifestalas non se causen trastornos de orde público establecido pola lei.

• XI. Posto que a comunicación sen trabas dos pensamentos e opinións é un dos máis valiosos dereitos do home, todo cidadán pode falar, escribir e publicar libremente, tendo en conta que é responsable dos abusos desta liberdade nos casos determinados pola lei.

• XII. Sendo necesaria unha forza pública para dar protección aos dereitos do home e do cidadán, constituirase esta forza en beneficio da comunidade, e non para o proveito particular das persoas por quen está constituida.

• XIII. Sendo necesaria, para soster a forza pública e subvir aos demáis gastos do goberno, unha contribución común, esta debe ser distribuida equitativamente entre os membros da comunidade, dacordo coas súas facultades.

• XIV. Todo cidadán ten dereito, xa por sí mesmo ou polo seu representante, a emitir voto libremente para determinar a necesidade das contribucións públicas, a súa adxudicación e a súa cuantía, modo de amilaramento e duración.

• XV. Toda comunidade ten dereito a pedir a todos os seus axentes contas da súa conducta.

• XVI. Toda comunidade na que non esté estipulada a separación de poderes e a seguridade dos dereitos precisa unha Constitución.

• XVII. Sendo inviolable e sagrado o dereito da propiedade, ninguén deberá ser privado de el, excepto nos casos de necesidade pública evidente, legalmente comprobada, e en condicións dunha indemnización previa e xusta.

París, 26 de agosto de 1789

 

VOLTARINICIO