D O C U T O P Í A
1ª MOSTRA DO DOCUMENTAL ALTERNATIVO
O cine club UTOPÍA CINEMA organiza a primeira mostra de cine documental alternativo DOCUTOPÍA.
Cada día, do 1 de novembro ao 4 de decembro, proxectarase un documental.
As proxeccións estarán presentadas por unha persoa relacionada coa temática que trate o documental. Ao finalizar cada sesión realizarase un debate. DOCUTOPÍA pretende abarcar o máis amplo abanico de temas nos 34 días que durará esta 1ª MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTENATIVO.
Proxectaranse documentais sobre MEMORIA HISTÓRICA, PALESTINA, ECOLOXISMO, PACIFISMO, MOVEMENTO ANTINUCLEAR, MOVEMENTO OBREIRO, LATINOAMÉRICA, ANTIRRACISMO, PENSAMENTO POLÍTICO, OKUPACIÓN, Etc.
DOCUTOPÍA pretende ser un espazo para dar a coñecer unha produción audiovisual que non adoita ter cabida nas canles habituais de distribución, debido a que mostra realidades moi afastadas dos intereses dos estamentos oficiais ou comerciais. Un cine urxente, que denuncia e axita, que esixe solidariedade e compromiso, que analiza e loita, que informa e concita o debate, que nos mostra o esforzo dalgúns por cambiar o mundo, e os nosos fracasos e éxitos sociais, que destapa feridas ocultas e miserias ocultadas. Un cine que devolve á palabra “política” o seu sentido orixinario, e fotografía a utopía fotograma a fotograma.
As proxeccións realizaranse no NEGRA SOMBRA BLUES, rúa do Pracer 19 de Vigo(Café UF). Pola semana será ás 20 h. e os domingos ás 18,15 h.
PROGRAMA DOCUTOPÍA
|