P O D E R C O N T R A P O S I B I L I D A D E S

 

“Sólo se sabe cuando se hace, cuando se va haciendo. Pero, para que surja, lo primero es no cambiarlo por otra realidad, otra fe, otro ideal, por otro sustituto: que no sea, ya al nacer,

real y muerto”.
A G U S T Í N G A R C Í A C A L V O


Nace no 1926 en Zamora. Catedrático en linguas clásicas desde 1959, na universidade de Sevilla, a partir de 1964 na Universidade Complutense de Madrid até a súa xubilación no 1992. Cátedra interrompida polo exilio en París entre 1965 e 1975. Desde entón ten conxugado de xeito infatigable a docencia oficial con todo tipo de cursos, conferencias, charlas e recitais nos foros máis diversos (Universidades, Institutos, Universidades de verán, Ateneos...).

Agustín García Calvo é un dos pensadores e autores máis importantes do Estado español e a escala internacional. Grámatico, lingüísta, traductor de clásicos, escritor, poeta, dramaturgo, analista da linguaxe filosófica, filósofo, ensaista...

É autor dunha ampla obra: máis de 50 libros editados pola editorial Lucina de Zamora e outras editoriais, abrangue os máis diversos temas e xéneros. Con unha estreita relación co anarquismo ten participado e promovido en París, Madrid e outras partes, tertulias, charlas e encontros, como o “Encontro de músicos, matemáticos, lóxicos, filósofos, etc. Para debater sobre a linguaxe e os seus usos”. Participou activamente xunto aos estudantes ( da Galiza, Madrid, e outras partes do Estado e de outros países) e outros grupos sociais en diferentes luitas contra a miseria e as mentiras materiais, intelectuais, culturais, mediáticas, existenciais...

Actualmente, Agustín García Calvo, rexeita todo tipo de etiqueta: “Tengo 79 años. Nací en Zamora y vivo en el tren. Me dedico a la poesía de viva voz: doy recitales poéticos. ¿Poeta ácrata? No: rechazo las definiciones...¿Ideas políticas? Yo no soy el que soy. ¿Dios? Estoy en guerra contra cualquier forma de fe: los diosecillos salen del no saber”


 

“Habéis nacido en este Estado del Bienestar, que es simplemente el Régimen del Dinero, que necesita esa Fe, ese Futuro y esas falsedades para sostenerse. Pero a vosotros, para vivir, para sentir y pensar, no os hacen ninguna falta: por el contrario. Y alguna vez han de empezar algunos (¿por qué no vosotros mismos?) a descubrir las mentiras del Régimen y a encontrar maneras de vivir que no sean las que el Dinero y su Futuro imponen”.

Parte da súa obra:

 

Versos hablados , 1948; Manifiesto de la comuna antinacionalista zamorana , 1966, 1987; Recuerdos de Sócrates , 1967; Comunicado urgente contra el desperdicio , 1970; Traducción de Shakespeare ( Sueños de una noche de verano, Macbeth y Sonetos de amor ) 1974, 1980,1993; Virgilio , 1976; Iliu Persis. Tragicomedia musical , 1976; Feniz o la manceba de sus padres , 1977; Que es el Estado , 1977; Lalia. Ensayos de la construcción lingüística de la sociedad , 1978; Del ritmo del lenguaje , 1979; Tres farsas trágicas y una danza titánica , 1980; Actualidades , 1980; Sermón del ser y no ser , 1980,1988; Carta al diablo 1980; Relato de amor , 1980, 1993; Ismena. Tragicomedia musical , 1980; Cartas de negocios de José Requejo , 1981; Del tren , 1981; Libro de conjuros , 1981; Traducción de Edipo Rey de Sófocles, 1982, 1983, 1993; Canciones y soliloquios , 1982, 1988, 1993; Traducción de canciones de Brassens, 1983; De la construcción del lenguaje , 1983; Familia: La idea y los sentimientos , 1983, 1992; Historia contra tradición. Tradición contra historia , 1983,1998; Traducción de Los carboneros de Aristófanes, 1984; Rey de una hora , 1984; El Amor y los dos sexos. Del tiempo de amor y de olvido , 1984, 1991; Razón común. Heraclito. Lecturas presocráticas , 1985, 1999; Valorio 42 veces , 1986; De los modos de integración del movimiento estudiantil , 1987; Eso y ella , 1987, 1993; Bebela , 1987,2000; De la felicidad , 1988, 1991, 2000; Que no, que no , 1998; Hablando de lo que habla , 1990 (Premio Nacional de Ensayo); ¿Qué coños? 1991; Noticias de abajo , 1991; Contra la paz y la democracia , 1993; Análisis de la Sociedad del Bienestar , 1993; Contra el tiempo , 1995 ¿Quién dice no? , 2001; Contra la pareja , 1995; Versión ritmica de la Iliada , 1995; Contra el automovil. Sobre la libertad de circular , 1996; Del oficio al mito: el actor en sus documentos , 1997; Locura, 17 casos , 1998; Al burro muerto , 1998;? (con Isabel Escudero), 1998; Que no, que no , 1998; Baraja del Rey Don Pedro , 1998 (Premio Nacional de literatura dramática 1999); Avisos para el derrumbe , 1998; De mujeres y hombres , 1999; Del aparato , 1999; De rerum natura /Lucrecio (versión en español-latín) 1999; Bajo sus faldas , 2000; Bobomundo. Comedia musical , 2000; Traducción de La destrucción de nuestro sitema mundo por la curva de Mar. Ret Marut -B.Traven-(Lógica), 2001; Contra la realidad , 2002; Registro de Recuerdos. Contranovela , 2002; Uno o dos en ventitrés sitios y más, 2003; ES. Estudio de gramática prehistórica , 2003.

“O verbo poder de por si, é un verbo da lingua corrente, até certo punto inocente porque a lingua vulgar e corrente non engana, non é de ninguén, é do pobo que non existe, pero esta ahí, gracias a non existir esta facendo o que pode, calquera cousa que poda. De xeito que o uso vulgar do verbo poder en calquera das súas formas, como “pode ser”, “pode que”, “pode que aconteza tal cousa” sería inocente. Pero as formas máis cultas con que este verbo aparece na lingua: “o poder”, “a potencia”, “o posible”, “o imposible”, “a posibilidade”... esas fan moito máis dano. No título desta charla tómoas así unha contra outra”

“Dentro das posibilidades”, “o menos malo dentro do posible” Gostaríame rápidamente acostumaros a odiar esas expresións, porque ese é o xeito da condea á conformidade, “dentro do posible”, como si o posible fora un ámbito que xa os que así o proclaman souberan até onde se pode chegar , e por tanto declaran que calquera forma de luita política debe facerse dentro do posible”

Ano 65-68, polos muros das cidades de Europa ou o mundo:

“Sé práctico, reclama o imposible”

“O que nos queda de pobo polo baixo di sempre NON (...) Dicir NON é a guerra misma, non hai que ter medo. Descobrir as mentiras, dicir NON (...) A parte do odio gustaríame faceros sentir a alegría que hai en dicir NON, descubrir a mentira”

“O futuro é cousa deles, do capital, do poder, do Estado. O futuro é deles e todo os días estánnos vendendo futuro. (...) O Futuro en realidade quere decir morte”.

“A debilidade do poder consiste en que necesita FE (...) Cada día ten un que se despertar descobrindo que aínda cría demasiado, que aínda tragaba demasiado das crenzas e artículos de fe impostos desde arriba...”

“Deixarse falar... esas palabras teñen moito que facer contra o poder”

“As posibilidades son sen fin, pode suceder calquera cousa SEMPRE. (...)As posibilidades, amigos, son sen fin, (...) consiste xustamente no que non sabemos (...) dese xeito esas posibilidades sempre abertas contraponse ao poder organizado que funda xustamente a fe na realidade. O poder adícase a matar as posibilidades convertíndoas en futuros”

 

Agustín García Calvo

27 de novembro, no Café UF

 

CONFERENCIA DE AGUSTÍN GARCÍA CALVO:
DOMINGO 27 DE NOVEMBRO ÁS 19:00H
CAFÉ UF, RÚA DO PRACER Nº19-VIGO

Ver fotos

VOLTAR INICIO