Bonita y muy didáctica acción de "Mulheres transgredindo" en Compostela, para denunciar al imperio Inditex - Tortuga
Administración Enlaces Contacto Sobre Tortuga

Bonita y muy didáctica acción de "Mulheres transgredindo" en Compostela, para denunciar al imperio Inditex

Sábado.19 de marzo de 2005 3355 visitas Sin comentarios
Indymedia Galiza #TITRE

DÍA DOS TRAPOS SUJOS EN ZARA

INDITEX = Zara, Stradivarius, Oysho, Pull & Bear, Bherska, Massimo Dutti, Kiddy’s,...

Sabias que a roupa de Zara nom se cose soa?

Sabias que é cosida polas mans de mais de 60.000 mulheres?

Sabias que estas mulheres fam jornadas laborais de mais de 12 horas?

Sabias que nom ganham mais de 200 euros ao mes?

Sabias que se deixan a pel, as mans e os olhos cosendo em naves sem luz natural e mal ventiladas?

Sabias que nom podem separar-se da máquina de coser nem sequer para mejar?

Sabias que perdem o trabalho se ficam prenhadas?

Sabias que a maioria trabalha sem contrato e, em
consecuéncia, sem seguridade social?

Sabias que isto ocorre aqui e agora, na Galiza no ano 2005?

Sabias que em paises como Marrocos, China, India,... trabalhan nenas de 8 anos como escravas para Inditex?

Comprendes agora como Amancio Ortega (dono do Imperio Inditex) se converteu num dos homes mais ricos do mundo?

Mulheres(em)causaencantada.org

Estupendo reportaje fotográfico aquí

http://galiza.indymedia.org/gz/2005...

Dende finais dos anos sesenta o feminismo atopa no lema "O personal é político" unha expresión eficaz para mostrar cómo as relacións de poder discriminatórias trascenden toda a experiéncia vivencial, dende o ámbito público ao espazo privado máis íntimo. O corpo convírtese por tanto no elemento principal dunha reivindicación que propón a súa reapropriación subvertindo os roles e valores dos que é depositário e reproductor mediante a súa visibilización. O arte -quizá pola súa función reflexa e xeneradora da cultura na que é creado, similar á do próprio corpo- é o terreo onde se materializa esta crítica de forma máis significativa. Artistas coma Valie Export principalmente e outras coma Gina Pane, Adrian Piper, Carolee Schneemann, Marina Abramovic ou Ana Mendieta expresan esta crítica a través de performances onde o corpo é obxecto e ao mesmo tempo suxeito dunha expresión artística indisociable da reivindicación que a motiva.

Mulheres Transgredindo aplica estes postulados na súas intervencións, contextualizadas nas distintas agresións discriminatorias que sofren as mulleres no noso entorno. As accións de denúncia teñen lugar en dúas fases; unha primeira na rúa, nunha linguaxe tan efectiva para transmitir a denúncia como para neutralizar os mecanismos represivos que adoitan silenciala. Finalmente, nunha segunda fase difunden na rede o material audiovisual que elas mesmas producen para explicar e ilustrar as súas intervencións, nun proceso que obriga a reflexionar sobre a interacción da muller coa tecnoloxía. Tras dúas accións contra a violéncia de xénero chega agora esta denúncia da situación laboral na indústria textil.