|
|
| |
CAMPAÑAS - OBXECIÓN
FISCAL |
|
| |
|
|
| |
CAMPAÑA 2002
|
|
| |
|
|
| |
¿Que é a P.E.S.D.?
O fomento do militarismo
A obxección Fiscal aos
Gastos Militares
¿Como se fai a
Obxección Fiscal?
Proxectos Colectivos
Modelo de carta
|
|
|
| |
|
|
| |
¿QUE É A PESD?
Un dos piares fundamentais da Unión Europea
(U.E.) é a creación dunha política de asuntos
exteriores, seguranza e defensa común.
En teoría esta política debe responder
a tres obxectivos:
1.-Protexer os valores comúns, os intereses
fundamentais, a independencia, a integridade e a seguranza da UE.
2.-Manter a paz, a seguranza, a cooperación
internacional, a democracia, o estado de dereito e os dereitos fundamentais.
3.-Cumprir a Carta das Nacións Unidas e os
acordos internacionais e europeos. A PESD tradúcese por tanto
en:
Un enorme gasto militar con investimentos multimillonarias
no desenvolvemento de armamento de última tecnoloxía.
Unha agresiva política de venda de armas.
A creación dun megaexército con
capacidade de invasión e ao servicio dos intereses dos
poderosos.
A constitución dun espacio europeo de control
social e policial.
Privilexiar os investimentos especulativos e militares
fronte aos solidarios e sociais.
Non abordar as causas estructurais, culturais
e doutro tipo que producen os conflictos e a violencia.
|
|
| |
|
Volver
arriba |
| |
|
|
| |
O FOMENTO DO MILITARISMO
O Estado Español ten un investimento militar
de case 3 billóns de pesetas para este ano, sumadas as partidas
ocultas en diversos ministerios. Á parte disto, o militarismo
do noso Estado tradúcese no reforzo do papel do exército
na política de exteriores e dos aparellos destinados a consolidar
os procesos de globalización, na orientación xeral
das nosas políticas e leis, na maior represión e control
social e na creación dun modelo cultural baseado na promoción
de valores violentos e insolidarios.
Gasto militar do Estado español para 2002
| Ministerio de Defensa |
6.322,65 mill. euros
|
1.052.000.442.900 ptas.
|
| Organismos Autónomos
de Defensa |
1.067,16 mill. euros
|
177.560.483.760 ptas.
|
| Clases Pasivas |
2.493,46 mill. euros
|
414.876.835.560 ptas.
|
| Ministerio de Asuntos
Exteriores |
35,54 mill. euros
|
5.913.358.440 ptas.
|
| Ministerio de Interior |
3.555,23 mill. euros
|
591.540.498.780 ptas.
|
| Organismos Autónomos
de Interior |
23,52 mill. euros
|
3.913.398.720 ptas.
|
| Ministerio de Ciencia
e Tecnoloxía (I+D) |
1.176,85 mill. euros
|
195.811.364.100 ptas.
|
| Outros Ministerios |
441,00 mill. euros
|
73.376.226.000 ptas.
|
| Imputación dos
Intereses da Debeda |
1.673,64 mill. euros
|
278.470.265.040 ptas.
|
|
TOTAL GASTO MILITAR
2,43 % PIB
|
16.789,15 mill. euros
|
2.793.479.511.900 ptas
|
Ministerio de Asuntos Exteriores : neste apartado
inclúense as operacións e misións de mantemento
da paz en Kosovo, Líbano, Chipre, Bosnia, Centro África,
Etiopía Eritrea, Congo, Sáhara Occidental, Iraq e
Kuwait, Xeorxia, Serra Leoa, e as partidas correspondentes á
OSCE, OTAN, PESD e UEO
Ministerio de Interior : neste apartado inclúense
as distintas partidas para a Policía e a Garda Civil: Seguranza
Cidadá, Formación e Forzas e Corpos en Reserva
Ministerio de Ciencia Tecnoloxía (I+D): Inclúe
os investimentos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
nos proxectos do tanque Leopardo 2-E, a Fragata F-100, o Eurofighter
2000 e outros armamentos.
e: ColectivoTRITÓN
a partir dos Orzamentos Xerais do Estado de 2002 e da Revista Española
de Defensa de outubro 2001
|
|
| |
|
Volver
arriba |
| |
|
|
| |
A OBXECIÓN FISCAL
AOS GASTOS MILITARES
A Obxección Fiscal desenvólvese desde
fai máis dunha década por diversas organizacións
coa fin de sacar poder ao gasto militar desviando diñeiro
dos impostos do I.R.P.F.
Este ano a campaña foi asumida como propia
polo chamado Movemento Antiglobalización a través
do Eixo Antimilitarista da Campaña Contra a Presidencia Española
da Unión Europea.
A Obxección Fiscal é unha campaña
de desobediencia civil que convida á sociedade a non pagar
a Facenda unha cantidade en protesta polo gasto militar, e contravir
con iso a lei de forma pública, colectiva, política
e noviolenta para suscitar un debate sobre a militarización
social, cultural e económica e rescatar o protagonismo social
nas decisións que afectan a estes temas.
Á súa vez, a campaña propón
que o diñeiro así "desobedecido" se entregue pol@s
obxector@s para financiar outras alternativas e loitas sociais solidarias,
xa sexa as que cada quen considere máis achegadas á
súa idea do que realmente hai que defender, xa aos proxectos
alternativos propostos desde a campaña.
|
|
| |
|
Volver
arriba |
| |
|
|
| |
¿CÓMO SE
FAI A OBXECIÓN FISCAL?
Existen dúas formas:
COTA PORCENTUAL: Consiste en desviar, non evadir,
da cota líquida da túa Declaración da Renda
o 5, 62% (orzamento oficial do Ministerio de Defensa) ou o 14,
91% (gasto militar total que inclúe outras partidas: OTAN,
UEO, I+D...).
COTA FIXA: Desvías 84, 00 euros (en protesta
polos 84 países empobrecidos pola débeda externa),
ou a cantidade que ti decidas, da cota líquida da túa
declaración da Renda.
A cantidade da túa Obxección Fiscal
ingrésala no proxecto alternativo que escollas e xuntas á
túa declaración o xustificante do ingreso.
MODOS DE CUBRIR A DECLARACIÓN:
Ingresas a cantidade da túa obxección
fiscal no proxecto que escolleses (pide dous recibos, un para ti
e outro para incluír na túa declaración). É
conveniente que xuntes tamén unha instancia dirixida ao Delegado/a
de Facenda alegando os motivos da túa Obxección aos
gastos militares; nela comunícaslle o total do diñeiro
desviado e o proxecto social que escolliches como alternativo ao
Gasto Militar.
Cobres os impresos da declaración e ao chegar
ás deduccións xerais, risca o enunciado dunha das
cuadrículas e engade "por obxección fiscal aos gastos
militares" e a cantidade escollida.
Se utilizas medios informáticos, podes incluíla
nalgún dos apartados en que a deducción da cantidade
global se fixa en "tanto por cento", ou tamén incluíla
directamente a man.
LEMBRA: aínda que a declaración
che saia a pagar, a devolver ou de cota líquida cero, sempre
podes declararte persoa obxectora fiscal, reclamar o diñeiro
que dos teus impostos se destina ao gasto militar, e desvialo ao
proxecto alternativo.
|
|
| |
|
Volver
arriba |
| |
|
|
| |
PROXECTOS COLECTIVOS
A Asemblea Estatal de Obxección Fiscal decidiu
dar un carácter unitario á campaña deste ano,
baixo o lema Por unha Europa Desmilitarizada, presentando como un
só proxecto común as campañas, foros e accións
en relación coa Europa, que levarán a cabo os seguintes
grupos promotores:
a) Foros Sociais de Zaragoza e Sevilla
b) RCADE, de Barcelona
c) Consulta Europea, de Madrid
d) Xornadas en Bruxelas pola Obxección de Conciencia.
Os Foros Sociais de Zaragoza (18-23 de Marzo) e Sevilla
(Xuño) encádranse dentro das propostas do Eixo Antimilitarista
da Campaña Contra a Presidencia Española na Unión
Europea, como alternativos aos distintos Cumes oficiais (de Ministros
de Defensa e de Xefes de Estado respectivamente) que terán
lugar no estado español neste semestre.
Desenvolveranse diversas conferencias, mesas redondas,
accións de rúa, concertos e manifestacións
unitarias, incluída unha marcha á Base da OTAN en
Rota, en protesta polo modelo de Defensa Militar en Europa, o aumento
do gasto militar, a presencia de bases de Estados Unidos no territorio
nacional, etc. Diversos grupos ou representantes dos movementos
sociais de moi diversos países, exporán as súas
alternativas e experiencias.
A Rede Cidadá para a Abolición da Débeda
Externa (RCADE) naceu en 1999 para preparar un proceso de consulta
social pola abolición da débeda externa, que se levou
a cabo en Marzo de 2000. A RCADE renunciou desde a súa fundación
a recibir ningún tipo de axuda económica que poña
en risco a súa independencia, e que teña a súa
orixe en es relacionadas co que, precisamente, trata de combater.
As actividades do RCADE están presididas polo espírito
e o compromiso coa Noviolencia. Os seus obxectivos xerais son:
Desenvolver a rede cidadá para crear tecido
social asociativo.
Sensibilizar ao conxunto da poboación sobre
á esixencia de abolición da Débeda Externa
dos países empobrecidos.
Actuar no campo da formación para profundar
sobre as causas das desigualdades, tanto no ámbito da propia
rede, como no ámbito educativo e asociativo.
Manter relacións de apoio mutuo e colaboración
con outros grupos sociais para a difusión e apoio da abolición
da débeda externa, e colaboración en outros obxectivos,
como a Consulta Social.
A Consulta Social Europea é un proxecto que
lanzan diversos grupos sociais con obxecto de reflexionar xunto
á cidadanía sobre a Europa que queremos, e eventualmente,
propor unha consulta social cadrando coas eleccións oficiais
ao Parlamento Europeo do 2004. A idea xorde a partir doutras experiencias
previas (Consulta Zapatista, Consulta Social para a Abolición
da Débeda Externa, etc.) nas que se descobre a potencialidade
de mobilidade e sensibilización que pode espertar este tipo
de campañas.
A consulta pretendería dous obxectivos base:
Servir de soporte a procesos de información,
reflexión, debate e proposta social.
Desenvolver un consulta social na que a cidadanía
europea expresase a súa opinión, xa que Europa foi
e segue a ser unha das principais promotoras da globalización
capitalista.
Basicamente comprende tres fases:
a) 2002, consulta interna entre movementos
b) 2003, difusión e reflexión xunto á cidadanía
c) 2004, Consulta Social directa.
En Bruxelas vanse levar a cabo, con motivo do día
internacional da Obxección de Conciencia (15 de maio) e promovidas
pola Internacional de Resistentes á Guerra, unhas xornadas
de formación na noviolencia e encontro entre obxector@s de
conciencia, especialmente de Croacia, Serbia, Macedonia, Bosnia,
Albania, Turquía e Grecia.
Para apoiar estes proxectos, fai o teu ingreso en:
Titular: Campaña de Objección Fiscal.
Caja Madrid Nº C/C: 2038 1969 61 6000093058
|
|
| |
|
Volver
arriba |
| |
|
|
| |
MODELO DE CARTA
(en formato
rtf para descargar)
,xuño de 2002
Nome:
Enderezo:
Poboación:
Sr/a.Delegad@ de Facenda:
Un ano máis chega o momento de contribuír
co IRPF ao sostemento dos servicios públicos, e un ano máis
facemos a Declaración con ese convencemento. Pero, ao igual
que nos anos precedentes, non podemos senón escandalizarnos
pola inmensa contía dedicada ao Gasto Militar que, como vostede
saberá, non comprende unicamente o orzamento destinado ao
Ministerio de Defensa, senón que se encobre en partidas asignadas
a outros moitos ministerios, resultando finalmente máis do
dobre que o oficialmente recoñecido.
O Estado Español está a dedicar ao
negocio da morte 16.789 millóns de euros (case 3 billóns
ptas ., 2, 43%PIB), superando os orzamentos dos Ministerios de Educación,
Cultura, Traballo e Asuntos Sociais e Medio Ambiente xuntos. Non
podemos soster cos nosos impostos un Gasto Militar diario estimado
en 5.300 millóns de pesetas.
Por iso, un ano máis súmome á
Campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares,
unha campaña de desobediencia civil noviolenta de ámbito
estatal con 2 décadas de antigüidade que en cada exercicio
suma máis desobedientes no Estado español a fin de
lograr a desmilitarización do diñeiro público,
e reclamar un fin adecuado con valores de solidariedade, paz e xustiza,
principios básicos de artellamento social. Por iso, decidimos
consciente, pública e colectivamente NON FINANCIAR o Gasto
Militar, non colaborar cos Exércitos, e pedir a súa
desaparición.
Non se nos escapa que algunhas destas peticións
fican fóra da súa competencia.
Pero outras non. Así pois, xúntolle
o ingreso no Banco da miña cota por Obxección Fiscal,
diñeiro detraído ao armamentismo e desviado á
Campaña de Obxección Fiscal (sen afán de defraudar,
por tanto, como se deduce da publicidade que lle damos á
Campaña, e desta mesma carta que lle remitimos). Con el financiaranse
os proxectos colectivos de apoio aos Foros Sociais de Zaragoza e
Sevilla, á RCADE de Barcelona, á Consulta Europea
de Madrid e ás Xornadas en Bruxelas pola Obxección
de Conciencia, así como outros que estimamos teñen
unha finalidade desmilitarizadora, e xunto o comprobante do meu
ingreso. Estou convencid@ de que aí os meus impostos servirán
para construír un mundo máis xusto e solidario, de
valores antitéticos aos militares.
Finalmente, despídome convidándoo/a
a vostede a realizar Obxección Fiscal aos Gastos Militares,
porque desobedecer as normas inxustas é politicamente necesario,
eticamente esixíbel e, ademais, como vostede comproba, está
ao alcance de calquera de nosotr@s.
Atentamente,
Asinado,
|
|
| |
|
|
|