15 06 11[Compostela] Presentación de Axóuxere Editora (16 de Junio)

Prezad@s amig@s:

Comprácenos convidarvos á presentación de Axóuxere Editora, que terá lugar o vindeiro 16 de xuño, ás 19.30, no local social A Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21 - Compostela). Presentaremos tamén os nosos primeiros títulos saídos do prelo, pertencentes á colección Clío: TAZ (Zona Temporalmente Autónoma), de Hakim Bey, ensaísta de orixe estadounidense considerado por moitos como o pai do ciberactivismo; e Chamamento, texto anónimo aparecido nas rúas de París en 2003.

Axóuxere Editora é un proceso definido por un conxunto de creadores galegos, independentes de toda forma ou dominio institucional. A colección Clío, coa que encetamos a nosa andaina, nace coa vontade de achegar á nosa terra unha serie de textos de callado fondo no pensamento contemporáneo. Nun mundo no que as fronteiras esvaen a prol dun coñecemento común, constitutivo dunha nova forma de relacións entre as persoas, Clío conforma no seu conxunto unha liña modular de reflexión que, para alén da singularidade de cada texto, apunta cara a novos ámbitos, sinalando vías, teóricas e práxicas, que convidan ao lector a repensarse no medio da cambiante realidade dos tempos actuais.

Progresivamente, nos vindeiros meses, irán aparecendo outras coleccións como Polimnia / Cadernos de Combate, adicada a textos breves e de carácter crítico de autores actuais galegos e iberoamericanos (Chiu Longina, Fausto Alzati, Antonio Fdez. de Rota, etc.); ou Calíope / Colección de Viaxes Interiores, centrada en relatos experienciais de transformación de autores da máis variada procedencia (Tiziano Terzani, Camille de Toledo, Sara Maitland, etc.).

Podedes visitar tamén a nosa páxina.

Esperamos atoparvos pronto.

Un saúdo.

Editado por palabra, el día 15 06 11 - 22:39, en Enlaces de interes, Nueva publicacion, Presentacion de publicaciones, Propuestas y proyectos, Recitales.

Nadie ha comentado esta entrada aún.

Introduce un comentario


Nombre:  
¿Recordar información personal?

E-mail:
URL:
Comentario: / Textile

Importante: responde a la pregunta anti-spam



  ( Registrar su nombre de usuario / Validarse )

Notificar: Sí, envíeme un email cuando alguien responda.