|
Nos
próximos días 15 e 16 de Marzo terá lugar en Barcelona o Cúmio do Consello
Europeo, no marco da presidencia española da Unión Económica Europea.
O Consello Europeo componse polos xefes de estado ou de goberno dos quince
estados membros da U.E.E. O Consello Europeo regula a vida política e
o desenvolvemento da U.E.E. As súas competencias son :
- Impulsar e defifir orientacións políticas xerais para a U.E.E.
- Coordinar, arbitrar e desbloquear os asuntos difíciles.
- Política exterior e de seguridade común.
- Cooperación policial e xudicial na materia penal.
- Orientación xeral da política económica , monetaria e de emprego.
Noso máis que odiado presidente José María Aznar, xa anunciou os obxetivos
centrais da súa presidencia no Consello Europeo: máis mercado e máis seguridade,
liberalización e privatización, anunciando tamén entre liñas un clima
de violencia e represión. Seguindo unha política que arrastra máis de
dez anos, a U.E.E. diríxise a facilitar e liberar de obstáculos á que
dín ( aínda que non demos crédito) o imparable avanze salvaxe da nova
orde mundial, a dictadura da globalización económica. A U.E.E. segue con
fidelidade os ditados do F.M.I . de O.M.C.e o B.M, estructuras financieiras
que mercantilizan o noso tempo, espacio, forza e sentimentos; sometendo
ó planeta e os que moran nel, na miseria e na sobreexplotación entre guerras
e máis guerras de alta, media ou baixa intensidade.
O imperialismo económico creendo ter todo amarrado e ben amarrado nun
saco baleiro de democracia e xustiza, declára a guerra ós que berramos
con voz desidente cara o poder, que os cartos non son máis importantes
nin que as persoas, nin que o medio en que estas sobreviven construíndo
un estado de sítio, constituindo unha alarma social, lanzando campañas
criminais, desexando convertir ás persoas en seres controlables, último
soño totalitario de seguridade.
Pois aquí estamos outra vez... os que nos plantexamos o 15 e 16 de Marzo
como un día máis, no que nos levantaremos loitando e nos deitaremos con
soños combativos. Somos dalgunha desas persoas que sofrimos e sofremos,
identificacións, detencións engallolamentos, agresións na nosa cotidianidad
ó demostrar que outro mundo e posible ( ou non ) ...mentras nos idiotizan
chamándonos un dia idealistas, outros alternativos, logo antisistemas,
máis tarde antiglobalizadores, radicais e por último terroristas.
Somos quen somos, alguns dos que estábamos onte, máis os de hoxe e esperamos
cegar a mañá, os que practicamos unha loita diaria real e comprometida,
non a golpe de contra-cumio nin baixo ninguna etiqueta creada polo poder.
Somos os que no nos plantexamos o 15 e 16 de Marzo como unha resposta
puntual, senon que sairemos a rúa, coma cada dia ( ainda que nos queiran
invisibles), nunha confrontación frontal e directa pola liberación das
nosas vidas do capitalista asesino, remexendo os seus espacios e as súas
conciencias benpensantes, desviándonos dos cauzes que o poder nos impon
para protestar.
Facemos un chamamento internacional a participar nas protestas que terán
lugar en Barcelona para demostrar unha vez máis que clase dirixente de
Europa non son máis que unha organización de criminais e ladróns de juba
branca, que o único que lles une son os cartos e o afán de poder e control.
O
QUE ELES CHAMAN PAZ, E OUTRA FORMA DE MORTE.
|