DECLARACIÓN DE ESQUERDA UNIDA –IZQUIERDA UNIDA EN LUGO, ANTE O ATAQUE NORTEAMERICANO SOBRE IRAK.

 O Presidente norteamericano, unha vez máis, actua sen ter en conta a orde internacional, para distrae-la atención sobre os problemas que teñe en casa.  Como xa fixera en varias ocasións, o Presidente Clinton, ataca un país, neste caso Irak, como anteriormente fora Sudán ou Afganistan, para
facerse publicidade nestes intres en que tanto o necesita por mor do proceso de destitución de que é obxecto. Para elo, non lle importa o máis mínimo o número de persoas, sempre que non sexan estadounidenses, que podan morrer.

 A excusa, o incumplimento por parte de Irak, das resolucións das Nacións Unidas, a mesma que en 1.991, olvidandose de aplicar esta medida a tódolos paises que reiteradamente incumplen estas resolucións; Israel dende 1.948, Marrocos dende 1.976, etc... En todo caso, debe ser a, inoperante e secuestrada polo dereito de veto, Organización das Nacións Unidas, quen castigue os incumplimentos das súas resolucións, e non un país, autocoroado como xendarme mundial, o que de costas a dita
organización proceda a un castigo cobarde e desmedido.  Cobarde por que a tecnoloxia belica utilizada (misiles Tomahawk disparados dende máis de 1.000 Km, e bombardeiros B-2 e F-117 invisibles ó radar) esta moi por riba do que un Estado como o Irakí condeado, teoricamente, pola súa capacidade bélica é capaz.  ¿Con que autoridade moral pode o principal fabricante e posuidor de armas de destrucción masivas atacar a un páis para evitar que este teña armas dese tipo? Ningén vai defender ó dictador irakí, pero o dictador americano, non é quen de asasiñar a milleiros de inocentes, moitos deles nenos e nenas,
con calquera das anteriores excusas. Pode ser que Irak sexa un perigo para algún páis, non  expecialmente para nos ou para os EE.UU., nembargantes, os Americanos si son un perigo para toda-la humanidade, xa que os seus tentáculos chegan donde queren, como a historia nos ensina.  O Goberno español, lamentablemente unha vez máis, actua como un “pelele” asintindo e ofrecendo as instalacións militares españolas para ser complice deste acto de terrorismo internacional, colocandose, á zaga
do verdugo británico en apoiar os asasinatos. Lamentable é tamén a actitude da falsa esquerda que dí gobernar en Francia, Italia  ou Alemaña, que tamén apoia estes actos. Consideramos que o Secretario Xeral das Nacións Unidas, mostrouse incapaz de cumplir cá súa labor, se ben é certo, que toda a
Organización é inoperante polo que, como tra-lo ocurrido cá Sociedade de Nacións, sería necesaria unha reforma total de dito organismo internacional, que en ningún momento funciona democráticamente, máis ben todo o contrario, ou a súa disolución. Pediremos explicacións ó Goberno do Estado, pola súa complicidade nestes asasinatos, á vez que pedimos que un Tribunal Penal Internacional xulge os actos terroristas do Presidente Norteamericano.

Por último, facemos un chamamento á poboación, para que mostre públicamente a súa repulsa por esta nova agresión imperialista contra aqueles que, simplemente, se negan a seguir os dictados do
todopoderoso xendarme ianqui, e defendemos o lexitimo dereito da autodefensa da humanidade contra o perigo norteamericano.

Florentino Balado.
SECRETARIO DE COMUNICACIÓN E PRENSA..

Rúa San Fernando Nº6, 1º
27001      LUGO.
Teléfono e Fax:     254274.
e-mail: euiulugo@izquierda-unida.es