Fieito S. Coop. Galega, xestiona a Aula da Natureza do Veral (Lugo) dependente da Consellería de Medio Ambiente dende o ano 1.999. As tarefas que Fieito desenvolve neste equipamento de educación ambiental e que son reflectidas no Proxecto Educativo de centro, son as que pasamos a describir:
Elaboración do Proxecto Educativo da futura Aula da Natureza da Fundación Ramón Ferreiro de Allariz (Ano 2004)
Desenvolvemos programas de educación ambiental para concellos e outras entidades, entre os que destacamos:
Fieito ven realizando obradoiros e xogos ambientais para a Consellería de Medio Ambiente dende o ano 1.999, dentro do seu "Programa de Difusión Ambiental" orientado a asociacións, centros escolares, concellos, etc... Así mesmo, tamén realiza estas tarefas para outras entidades e noutros marcos como Comunidades de Montes, Feiras, Centros de ensino, Asociacións de Nais e Pais...
Presentámosvos parte da nosa oferta de actividades:
OBRADOIROS
Obradoiro no que se aborda a problemática da producción de residuos e a regra dos 3 erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Estes contidos son tratados a través de sinxelos xogos e a construcción de xoguetes con material de refugallo.
Obradoiro no que se elabora papel reciclado a partir de papel usado como xeito de contribuír á conservación dos nosos bosques.
Obradoiro no que se elabora xabón a partir dos aceites usados das cociñas, aproveitando este residuo e evitando que contamine a auga.
Obradoiro sobre a problemática do lixo no que a través dun proceso natural, como é a compostaxe, transfórmanse os restos de comida en abono coñecendo os seus beneficios para o medio ambiente.
Obradoiro sobre a problemática do consumo irracional, onde a través da simulación dun pequeno mercadiño búscase a formación de futuros consumidor@s conscientes e responsables.
Obradoiro a través do cal @s participantes descobren o comercio xusto en contraposición á explotación laboral e medioambiental do actual sistema de comercio.
Obradoiro no que se explica a importancia do aforro de enerxía nos nosos fogares, ademais do estudio das distintas alternativas existentes actualmente para a producción enerxética e a problemática ambiental en cada caso, a través da utilización de pequenos enxeños que funcionan con enerxías renovables.
Actividade na que se pon en contacto @s participantes cos distintos sons que se producen na natureza.Tamén se aborda a problemática do ruído como fenómeno que afecta a comunicación e á nosa saúde.
Obradoiro no que se aborda a problemática da conservación das aves a través da construcción de caixas-niño para os paxaros.
Obradoiro sobre os métodos de observación da fauna autóctona galega, que se aborda a través do estudio dalgúns dos rastros e sinais que aparecen no medio natural: pegadas, egagrópilas, plumas, sons, etc...
Obradoiro no que se realiza prácticas de tinción de tecidos con tinguiduras naturais ademais de coñecer algúns dos usos medicinais das plantas galegas.
Actividade na que achegamos @s participantes ó coñecemento desta forma de artesanía tradicional, como un xeito de recuperación do noso patrimonio etnográfico e como alternativa ós envases fabricados a partir de materiais contaminantes.
Obradoiro no que se estudia o medio mariño dende a súa diversidade e as súas problemáticas, utilizando como medio diferentes xogos participativos.
Xogo de rol, onde os/as participantes adoptan a personalidade dun colectivo que está implicado na problemática da construcción dunha autoestrada (goberno local, veciños/as, ecoloxistas, transportistas), tentando chagar á resolución do conflicto entre tod@s.
Actividade na que achegamos ós participantes ó coñecemento dos xogos que practicaban os seus maiores, como unha forma de recuperación do noso patrimonio etnográfico, e como non, de diversión.
Actividade formada por un grupo de xogos mediante os cales se estimula a reflexión sobre algúns conflictos internacionais e sobre como abordar as diferencias entre as persoas de forma pacífica.
Charla na que se ofrecen consellos prácticos para aplicar nas nosas casas e reducir o noso impacto no medio que nos rodea.
Charla na que se trata a problemática dos residuos centrándose na súa solución: a regra dos tres erres, Reducir, Reutilizar e Reciclar; e insistindo principalmente na importancia do noso consumo na reducción dos residuos que producimos e a nosa colaboración na recollida selectiva.
Charla na que se trata cal é a relación entre a globalización neoliberal e a degradación do medio ambiente.
Conxunto de obradoiros nos que se realiza unha análise do impacto que causan no medio ambiente a actividade do centro escolar. Esta ecoauditoría pódese centrar nalgún aspecto concreto do centro (Residuos, papel, enerxía...), ou ben ser unha auditoría xeral que abarque de forma integrada todos os aspectos medioambientais.
Cada vez son máis as cidades galegas que se comprometen activamente na defensa do medio ambiente e cara ó desenvolvemento sostible, a través da elaboración dun proceso participativo para toda a poboación denominado Axenda 21 Local, que analiza, busca alternativas, e actúa, coa finalidade de mellorar o entorno ambiental da cidade. Os centros de ensino teñen un papel de gran importancia na educación dende e cara ó desenvolvemento sostible, que poden abordar a través da posta en marcha da súa propia A21 de centro, que colabora co proceso realizado dende o seu concello (se se está a realizar), ou anima á súa posta en marcha no caso de que non fora iniciado.
Actividade centrada na posta en marcha dunha pequena horta que permita estudiar os procesos máis importantes que se dan na terra, ver as diferencias entre a agricultura intensiva e a agricultura ecolóxica, elaboración de bancais, elaboración de abono (compost), sementeira e coidados da horta...
Colaboramos nos novos programas de dinamización xuvenil que se veñen desenvolvendo nos últimos anos nas cidades galegas. Dentro destes programas podemos destacar os seguintes:
Fieito tamén realiza e colabora en campamentos de educación ambiental promovidos por concellos, como o celebrado no Albergue de Alvarella (Pontedeume) polo concello de Santiago de Compostela no ano 2002 ou os celebrados no Albergue a Escola de Vilar de Santos (Ourense) polos concellos de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa no verán 2003, e o celebrado no albergue rural O Coto en Arbo polo Concello de Santiago de Compostela no ano 2004.
Dentro do noso traballo no eido da Educación Ambiental, desenvolvemos tamén as tarefas de concienciación e comunicación a través da elaboración e publicación de materiais divulgativos. Entre os traballos de divulgación ambiental realizados ate o momento, destacamos:
Estes tres cadernos didácticos foron publicado pola Consellería de Medio Ambiente no ano 2.001, coa finalidade de ser utilizados nas actividades da Aula da Natureza do Veral.
Dentro das actividades de Fieito tamén están as de formación, para o cal elaboramos e poñemos en marcha cursos de formación para diferentes sectores. Dentro dos realizados ate o momento podemos destacar:
A busca do desenvolvemento sostible no noso país, fai que Fieito anime constantemente ás administracións locais á utilización de ferramentas que fagan realidade esa meta. Neste sentido a elaboración e aplicación de Axendas 21 Locais como a posta en marcha de diferente foros participativos, coa colaboración e aprobación da cidadanía, son unha ferramenta de gran utilidade para comezar a sentar as bases dun desenvolvemento responsable e sostible para o noso planeta.
Aínda que o respecto ó medio ambiente é unha tarefa que se debe realizar durante todo o ano non podemos esquecer días importantes, que poden facer que algunhas persoas reflexionen e comecen o seu camiño individual e colectivo cara ó desenvolvemento sostible. Neste eido Fieito organiza actos especiais para os días: día do medio ambiente, día da terra, día da árbore, día dos humidais, día sen coches... Así mesmo organizamos exposicións e outros actos divulgativos dos que destacamos: