Somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada a proporcionar servicios no eido da educación ambiental.
Dende a economía social buscamos o camiño cara ó desenvolvemento sostible, e a utilización mínima dos recursos como ferramenta para conseguir unha convivencia pacífica co entorno que nos rodea.
Fieito está formada por técnic@s especialistas en educación, medio ambiente e conservación do entorno natural, con ampla experiencia na elaboración e posta en marcha de proxectos ambientais e educacionais.