Index | Palestina | English
Actualidad
PALESTINA


El alcalde de Oleiros recibe serias amenazas del embajador israelí en España
Comunicado del Ayuntamiento de Oleiros / CSCAweb: 19-11-04
Oleiros' Mayor is threatened by Victor Harel, Israel's Ambassador in Spain

Enlaces relacionados

Campaña de identificación y boicot a los productos y empresas israelíes en España, y empresas españolas que comercian con Israel

El Proceso a Sharon en CSCAweb
indictsharon.net


El gobierno municipal de Oleiros ha realizado una campaña contra Ariel Sharon y a favor del pueblo palestino

Ayuntamiento de Oleiros / CSCAweb: 19-11-04
[Texto original en gallego]

"Ángel García Seoane presentou a campaña que o concello de Oleiros comeza a facer, a prol do pobo palestino e conta da política de xenocidio de Israel. Nada mellor que a caricatura de Ariel Sharon, caracterizado de 'besta salvaxe' e con Bush montado nas súas costas caracterizado de 'vaqueiro ianqui', pisoteando tanto ós nenos como á bandeira ensanguentada de Palestina, para amosa-la repulsa á que o goberno municipal quere sumar a toda a sociedade galega e do resto do estado, contra da política ofensiva e terrorista do goberno israelí"

Oleiros, venres 8 outubro 2004.-

Ángel García Seoane presentou a campaña que o concello de Oleiros comeza a facer, a prol do pobo palestino e conta da política de xenocidio de Israel. Nada mellor que a caricatura de Ariel Sharon, caracterizado de 'besta salvaxe' e con Bush montado nas súas costas caracterizado de 'vaqueiro ianqui', pisoteando tanto ós nenos como á bandeira ensanguentada de Palestina, para amosa-la repulsa á que o goberno municipal quere sumar a toda a sociedade galega e do resto do estado, contra da política ofensiva e terrorista do goberno israelí. Así o manifestou o rexedor municipal, quen lembrou a actitude cómplice dos EEUU nas diversas campañas coas que o máximo mandatario israelí decide esmaga-los dereitos do pobo palestino a ter unha vida digna, e a vivir en terra de seu. Denunciou García Seoane o feito de que na última campaña que estamos sofrindo, a 'descritiva' "días de penitencia", son perto de 100 as persoas asasinadas polo exército israelí, persoas entre as que as balas non se frean ante os nenos e nenas, vellos e vellas, mozos e mozas...

En definitiva, unha campaña de auténtico exterminio dun pobo que leva décadas sofrindo unha persecución terrorífica, ante o silencio ou impasibilidade da comunidade internacional. Fixo mención tamén á utilización de novas armas por parte do exército israelí, que fan máis crúa se cabe a ofensiva. Referíndose á apatía social e institucional co tema, dixo que "asómbrame que os gobernos estivesen tan interesados e se pronunciasen tanto coa caída do muro de Berlín, e en cambio agora, con ese 'muro' que é aínda moito maior e máis grave humanamente, estean todos tan calados e consentidores como están". Eis por iso que o concello de Oleiros, quere convidar a toda a sociedade galega e á de todo o resto do Estado español, a manter unha postura activa diante destes feitos, e pronúnciase abertamente a prol de que o Goberno Central, a través do Ministerio de Asuntos Exteriores, adopte posicionamentos activos e tanxibles, actuacións conducentes a intermediar diante das institucións europeas e organismos internacionais, a fin de frear este terrorismo de estado exercido por Israel, animado polos EEUU e consentido co silencio do resto do mundo.

As camisetas editadas, son vendidas a 6 euros directamente no concello, podéndose solicitar chamando ó 981 610000, ou por mail en alcaldia@oleiros.org. Cos cuartos que se recaden, o concello de Oleiros contribuirá a levar a cabo proxectos solidarios dentro do territorio palestino e para a cobertura das necesidades do seu pobo. Ademais, García Seoane convidou ós demais concellos galegos e do resto do Estado, maís de 8.000, a través dunha carta que lles está sendo enviada, a sumarse a esta campaña e facer chegar ó Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, un manifesto no que se pronuncien a favor do pobo palestino, contra da política xenocida de Ariel Sharon, e solicitando ademais do Goberno central que adopte medidas ­como poden ser as de carácter económico. contra do goberno de Israel, ademais doutro tipo de intervencións, de feitos tanxibles, conducentes a frea-la ofensiva israelí e conquerir que o pobo palestino, viva en paz. Unhas medidas que, a xuízo do alcalde oleirense, "pódense extender tamén a toda a sociedade, ós homes e mulleres que a integramos, e que co noso xesto particular podemos demostra-la nosa rotunda oposición e pleno rexeitamento da política xenocida israelí; boicotea-los productos do mercado que teñen que ver con Israel directa ou indirectamente, é algo que está ó alcance de todos, e que depende da vontade de cada quen. Estes productos levan o número de codificación comezando coas cifras 7 2 9". Afirmou Ángel García Seoane que atacando directamente na economía israelí, polo menos lógrase non seguir enchéndolle os bulsos de cuartos, cos que logo mercan armas para asasinar indiscriminadamente ó pobo palestino.

© Concello de Oleiros 2004