O SAHARA PARA@S SAHARAUÍS!
 

Campaña para a liberación dos presos políticos en folga de fame saharauís


Unha onda de protestas contra a ocupación marroquí ergueuse a finais de maio pasado en El Aiun, Dajla e outras poboacións saharianas. A chamada “intifada do Sahara Occidental” chegou mesmo á Universidade de Rabat, onde uns douscentos estudiantes puxeron pancartas e carteis reclamando o dereito de autodeterminación e denunciando a situación dos presos. A revolta foi brutalmente afogada; só en El Ailun, "os colonos marroquís sãquearon polo menos trece casas e violaron a moitas rapazas”. Houbo uns 50 desaparecidos e un cento de feridos, unha ducia deles de gravidade. E mentres a besta fascista marroquí cometía estas atrocidades, os delegados da Misión da ONU para o Sahara Occidental, MINURSO, celebraban en El Aiun unha festa nun hotel de luxo. Neste momento, algúns dos detidos nas mobilizacións están sendo condenados a 20 anos de cárcere, mentres continúa a fol a folga de fame dos presos comezada hai dous meses


Os funcionarios da ONU veñen sendo os mamporreiros dos USA e de Francia, que son as potencias dominantes na zona. Ambas apoian o “plan Baker”, unha proposta de autonomía do Sahara baixo o goberno de Marrocos. A cambio deste apoio ao reino de Rabat, os ianquis e os franceses procuran, “polas boas” anque non sen releas entre eles, afianzar o seu dominio xeo-estratéxico da rexión, ademais de saquear as riquezas mineiras do Sahara: fosfatos, petróleo, gas, uranio, ouro, etc. En data recente, a Unión Europca firmou co reino de Marrocos un tratado- de pesca para explotar esta riqueza do banco Sahariano. Non poderían levar adiante os seus plans se a República Arabe Saharauí Democrática fose unha nación libre e soberana, tal como debeu garantir no momento da súa retirada a antiga potencia colonial, España


Nestes momentos, a empresa Kerr McGee, grupo petroleiro lanqui, está a facer prospeccións no Sahara, formalmente en colaboración coa estatal marroquí ONAREP, mentres a Wessex Exploration Limited, do Reino Unido, explora a plataforma continental co mesmo obxectivo de rapina.
O papel do Estado espaflol (agora gobernado pola banda de Zapatero) nesta noxenta historia é o de servo das grandes potencias. Apoiando o plan Baker, aspira a pillar unhas franguilas do pastel. Esquecido Perejil, hai pouco Zapatero condecorou a militares marroquís e a oligarquía española vendeulle carros de combate M-60 ao exército que combate á Fronte Polisario. Vergoñento papel o destes “demócratas” que ao mesmo tempo colaboran todo o posible coa monarquía marroquí para que milleiros de inmigrantes morran afogados no seu intento de chegar ao “paraíso”. Mais non é difícil de entender se vemos que dentro do territorio do Estado manteñen asoballadas a Galiza Euskal Herria ou Catalunya, e no exterior apoian ao sipaio fascista de Colombia, o presidente Uribe, e mandan tropas a Afganistán, Haití, etc.


Mentres nos países ocupados coma o Iraque, Sudán e moitos outros as grandes potencias imperialistas asasinan, envelenan, saquean..., no interior, nos “paraísos” metropolitanos en que vivimos os occidentais supostamente privilexiados, desenvolven a fase de fascismo que deron en chamar “loita antiterrorista”, aparentemente dirixida contra o demo islamita. En realidade, é unha elevación continua do nivel de represión, reforzada cunha ofensiva brutal de propaganda e a censura nos medios de comunicación. Pretende facernos tragar co estado de sitio permanente coma se fose un mal menor perante a pantasma da rebeilón dos parias da terra.


Mais os pobos están vivos e resisten a ofensiva neo-fascista na medida das súas forzas. Mentres no Iraque ou en Afganistán desenvólvese a guerra a tódolos niveis contra os ocupantes (hai pouco morreron alí 17 mercenanos galegos e españois. ao ser derribado o seu helicóptero), as protestas contra os controis e cacheos no metro de Nova lorque e outros lugares públicos espállase polas cidades USA e no Reino Unido óense voces indignadas contra a norma policial de primeiro disparar e despois preguntar. Mentres na República Arabe Saharauí Democrática a Fronte Polisario fala da volta á loita armada contra o exército marroquí, no Estado espafiol, os longos anos de contrainsurxencia non nos dan afeito á nova onda de controis indiscriminados, tortura e morte nos cuarteis da Garda Civil ou nas fronteiras que os parias de Africa tratan de traspasar.
Non podemos tragar coeste aumento das prácticas represivas que acompañan a agresividade imperialista. A voracidade do capital empúxanos ao mesmo campo no que se atopan os pobos masacrados e saqueados. Queiramos ou non, todos estamos igualmente sentenciad@s á morte polo imperialismo e só podemos librarnos desta condena xuntando as nosas forzas.


UNAMOS A NOSA RESISTENCIA COA DOS POBOS MASACRADOS POLO IMPERIALISMO!
ADIANTE A LOITA CONTRA OS INVASORES, SAQUEADORES E ASASINOS!


Asemblea Anti-imperiaíista de Vigo, setembro 2005.
a_antimperialista@yahoo.com