GOLPE DE ESTADO EN PALESTINANon se pode dicir que a situación en Palestina sexa desconcertante e confusa como se pode escoitar, senón que é a máis clara e concertada que muit@s esperabamos. Toda esta espera, adobada por nós mesm@s con berros por Palestina en actos, manifes, etc...., é servida polos meios de comunicación á “sociedade internacional” en doses adecuadas. Deixando ao lado a impotencia nos berros e as complicidades noxentas, denunciamos e condenamos á U.E. e a ONU como macro-organizacións que non só non pararon a opresión salvaxe en Palestina, ademais participaron coma verdadeiros cómplices da masacre salvagardando a EE.UU. e Israel. Denunciamos e condenamos aos meios de comunicación (a grande maioría) por seren auténticas distribuidoras de novas ao servizo dos opresores (Al Qaeda en Líbano, en Gaza, en Hamas...) e promover a alienación e a apatía que fai á “opinión pública” virar a súa face cara outro lado e non ser quen de manter unha mínima humanidade e dignidade. Denunciamos e condenamos a esa asociación galega de amigos de Israel como autores dun discurso pro-sionista, e que acepta convites de ministros do Estado opresor para visitar tal Estado. Denunciamos e condenamos a Mahmud Abbas, Salam Fayad, etc..., de Al Fatah por corruptos, antidemocráticos e traidores á causa palestiniana, actuais testaferros ianquis neste golpe de Estado, promovido por EE.UU. e apoiado –como non!- por Israel e co si da UE, Rusia, Canadá, etc...., para dividir Gaza e Cisxordania e así logo arrasar en tódolos aspectos á “Gaza de Hamas e Al Qaeda” (De aquí a pouco Al Qaeda ha valer para deslexitimar unha folga en Vigo ou para atacar Cuba). Agora xa non é “guerra civil” como nos contaban, agora é “conflito”, xa que EE.UU. e a UE márcanlle á prensa mundial o cualificativo que hai que dar en cada momento. Gaza pasa a ser a terra d@s desheredad@s, d@s expulsad@s, a terra de Hamas, que a grandes trazos nestes últimos anos só fixo manter e criar estruturas de todo tipo ao servizo do pobo palestiniano, gañar unhas elecións máis limpas ca en EE.UU. e países da UE, mantendo a lóxica das armas para a defensa de calquera agresión. Solidariedade co pobo palestiniano! Non ao golpe de Estado, freemos ao fascismo imperialista! Asemblea Antiimperialista de Vigo |