DERRUBEMOS 0 MURO DA VERGONZA

Dende hai rnáis dous anos, o estado de Israel está construíndo o chamado muro da vergonza ó longo de Cisjordania no que é a máis grande apropiación de terra palestina desde que se produciu a ocupación de Cisjordania e a franxa de Gaza no ano 1967. 0 trazado do muro está deseñado para anexiona los asentamentos de colonos xudeos e confisca la terra e os recursos hidricos palestinos co obxetivo final de encanallar as áreas palestinas en ghetos similares os de Sudáfrica na época do Apartheid. 0 muro vén sendo un dispositivo de entre 30 e 100 metros de ancho con valados electrificados de alta tensión, foxos, camaras de infrarroxos, pistas de area que conservan as pegadas, estrada de transporte de tropas. Esperase que a lonxitude acade uns 650 Km e xa se asentía 6 Km no interior de Cisjordania e nalgunhas áreas pode chegar ata os 16 Km.


Dende o inicio da segunda Intifada, 2435 vivendas foron demolidas polo exército israeli, 83000 árbores froitais foron arrincadas, 3570000metros cadrados de terra cultivábel foron arrasados por bulldozers somente no ano 2003. Neste mesmo ano, 627 palestinas e palestinos morreron a manos das forzas de ocupación de Israel, 23 delas eran menores de idade.

POLA PARALIZACIÓN DA CONSTRUCIÓN DO MURO
E O DERRUBAMENTO DOS TRAMOS YA CONSTRUIDOS

LIBERACIÓN DAS PRESAS E PRESOS PALESTINOS NOS
CÁRCERES DO ESTADO DE ISRAEL.
FIN DA REPRESIÓN
RETORNO DA POBOACIÓN REFUXIADA E
POLO DEREITO DO POBO PALESTINO A DECIDIR O SEU FUTURO