![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
QUEN MERCA OS SEUS PRODUCTOS PAGA AS SÚAS BOMBAS
|
A colaboración comercial hispano-israelí, ao servizo da globalización capitalistaDende que en 1986 o goberno do PSOE decidise formalizar as relacións diplomáticas do Estado español con Israel, as relacións económicas e comerciais bilaterales non fixeron máis que aumentar. O Estado español converteuse en menos de quince anos no décimo primeiro socio comercial de Israel, que é así mesmo o principal mercado do Estado español en Oriente Medio. Unha veintena de acordos bilaterales reforzan esta cooperación, que facilita a Israel a súa penetración nos mercados de América Latina e outras áreas xeográficas Desde 1986, cando o goberno maioritariamente pro-sionista do PSOE decidiu formalizar as relacións diplomáticas do Estado español con Israel no marco da súa política de normalización co exterior, as relacións hispano-israelís e, entre elas, as económicas e de intercambio comercial comezaron a desenvolverse de xeito extensivo se se evalúan en términos comparativos con outros Estados -árabes- de Oriente Medio. As relacións económicas e comerciais do Estado español e de Israel [1] gozaron desde entón do favor de todos os gobernos, do PSOE e do PP, e enmarcáronse nun proceso global de estrechamiento de vínculos que se insere, por unha banda, no proceso de globalización económica internacional asociado ao neoliberalismo e á privatización do capital multinacional e, por outro, no contexto europeo, ao respaldo da UE da Nova Orde Rexional imposto por EEUU para Oriente Medio trala guerra contra Iraq de1991. Este respaldo significou, no marco da política exterior do Estado español, adoptar os términos políticos, diplomáticos e económicos derivados da implicación da UE no proceso de paz emanado da Conferencia de Madrid (1991) e que, ademais de consolidar un papel para Europa exclusivamente de motor financeiro para o engrase económico da paz, supuxo seguir favorecendo o desenvolvemento económico de Israel, socio privilexiado da UE en virtude do Acordo de Libre Asociación asinado en 1995, no marco da Asociación Euromediterránea. Ambos factores -globalización capitalista e Nova Orde Rexional- resultaron notoriamente beneficiosos para Israel nas súas facetas económicas, pois lle permitiron consolidar o seu proxecto de inserción na economía capitalista mundial e fomentar o ansiado proceso de normalización económica (directa e indirecta, como veremos) no espazo árabe. O comercio hispano-israelí: estreitando lazos e investimentos O Estado español converteuse en menos de quince anos no décimo primeiro socio comercial de Israel por detrás de EEUU, Bélgica, Alemania, Gran Bretaña, Italia, Suiza, Holanda, Francia, Xapón e Hong-Kong. Israel é así mesmo o principal mercado do Estado español en Oriente Medio e un dos máis importantes na cuenca do Mediterráneo. Dentro da UE, o Estado español ocupa o sétimo posto na lista das relacións comerciais de Israel. O 53% das importaciones de Israel proceden da UE: en 2000, importou produtos e bens europeos por valor de 18.900 millóns de dólares e exportó á UE por valor de 10.300 millóns de dólares. Desde os anos 80 ata a actualidade, o Estado español intensificou a firma de acordos de cooperación con Israel ata a veintena. Algúns dos sectores aos que se dirixe esta cooperación son a investigación tecnolóxica, a agricultura, a desertización, a enerxía, o medio ambiente, ou as telecomunicaciones. Exactamente os sectores empresariais nos que se nota máis a presenza israelí no Estado español. Tendo en conta de que España como Israel son estados competitivos en materia de produción agrícola, Israel vén ofrecendo ao Estado español mayoritariamente produtos relacionados co desenvolvemento da tecnoloxía media e punta neste e outros sectores. Segundo datos oficiais israelís, as relacións comerciais entre o Estado español e Israel superaron os 1.176 millóns de euros no ano 2001 (un 8% máis que en 2000), sendo o 60% derivado das exportacións do Estado español a Israel e un 40% das israelís a España. Do fluxo total das transacciones, un 90% ocúpano os produtos industriais. EXPORTACIÓNS ESPAÑOLAS: O Estado español exporta a Israel automóbiles e material de transporte, maquinaria, cerámica e pedra, aceiro, mobles, produtos de limpeza e hixiene, tecnoloxía medioambiental e infraestructura enerxética. IMPORTACIÓNS ESPAÑOLAS: Israel, pola súa banda exporta ao Estado español
produtos relacionados coa súa industria química,
fertilizantes, sementes, maquinaria agrícola e de rego, produtos
plásticos, produtos relacionados coa industria das telecomunicaciones
e o software e equipamiento médico. Sectores prioritarios das relacións bilaterales: algúns exemplos [2] O desenvolvemento adquirido por Israel tras décadas de investimentos multimillonarias financiadas coa axuda de EEUU para investigar e poñer en marcha proxectos asociados á desalinización do auga do mar e á reconversión de zonas desérticas en terreos cultivables que puidesen consolidar o proxecto colonizador do sionismo en Palestina, permitiu que hoxe, superado o modelo dos kibutzes polo sistema globalizador do capitalismo imperante, e garantido o control e desenvolvemento do territorio do Estado de Israel, as empresas israelís públicas e privadas do sector poidan vender, no entramado que crea a globalización, o seu desenvolvemento e tecnoloxía a terceiros países. A este respecto, é significativo coñecer que algunhas empresas do Estado español reciben asesoramiento e tecnoloxía media e punta israelí relacionada coa irrigación ou a desalinización de augas (as zonas do Levante e sur do país, como Almería, Málaga ou Huelva, así como as Illas Canarias, coas súas 62 plantas desalinizadoras de produción israelí, foron e seguen sendo receptoras deste asesoramiento e tecnoloxía ). Igualmente a penetración israelí no sector e as súas aspiracións de estenderse fóra das fronteiras do Estado español a través de terceiras empresas españolas (pola súa implantación en América Latina) se exemplifica coa recente compra do Grupo Potasas por parte da empresa israelí Dead See Works, en consorcio con dúas españolas, A Seda de Barcelona e Tolsa, por valor de 17.200 (millóns de pesetas) A apertura dos mercados das telecomunicaciones no Estado español, asociada á privatización das empresas públicas do sector, así como o desenvolvemento israelí do campo das telecomunicaciones, adquirido en Israel mediante os programas asociados á investigación militar financiada tamén por EEUU durante os anos 70 e 80, converteron a Israel nun socio e proveedor de servizos no Estado español. A penetración de Israel, a través das súas empresas semipúblicas e privadas, foi apoiada oficialmente polos gobernos españois a través do Acordo de Cooperación para a Investigación e o Desenvolvemento Industrial dos ministerios de Industria e Comercio de ambos Estados (asinado baixo lle lexislación do goberno do PSOE en 1993). No marco do desenvolvemento e a privatización das empresas españolas do sector das telecomunicaciones, numerosas empresas israelís relacionadas coa alta tecnoloxía das comunicacións venden a empresas españolas tanto semipúblicas, como Telefónica, ou privadas como Airtel e Terra, produtos relacionados con estas tecnoloxías (estudos virtuales, a través da empresa israelí Orad, equipos de telefonía móbil ou programas diversos a través da empresa israelí Babylón). Así mesmo, o desenvolvemento das empresas das telecomunicaciones no Estado español contou coa implicación de empresas israelís que, participando en proxectos conxuntos, penetraron o mercado dun sector que, sendo estratéxico, sufriu como ningún o fenómeno da privatización no noso país. Dragados e Construcións: adjudicataria, xunto con empresas israelís, do proxecto do Estado de Israel para deseñar, financiar, construír e explotar dous túneles dobres a través do Monte Carmelo, na cidade de Haifa. Os túneles explotaranse en réxime de concesión durante 35 anos. O proxecto ascende a 38.000 millóns de pesetas. Así mesmo, Dragados recibiu o contrato de ampliación do porto de Hayovel, cun orzamento de 30.000 millóns de pesetas. No sector do transporte, Alstom fabrica locomotoras e vagones, e ten ao seu cargo diversos proxectos públicos en Israel relativos ao transporte ferroviario e fluvial, que vertebran o sector dos transportes israelís. Pola súa banda, Team fabrica pasarelas telescópicas para aeroportos, e é adjudicataria do concurso da Autoridade Aeroportuaria de Israel para a construción de 24 pasarelas telescópicas por un valor de 13 millóns de dólares. SEAT e Irizar fornecen a Israel vehículos e autobuses respectivamente, estes últimos vendidos pola empresa israelí Egged. A penetración israelí nos mercados de América Latina e do mundo árabe a través de empresas españolas ou hispano-israelísAs propias liñas que emanan das análises e as perspectivas israelís sobre a cooperación de Israel co Estado español en materia comercial apuntan abiertamente a un obxectivo explícito: a penetración israelí dos mercados tradicionalmente alleos aos produtos israelís e que na actualidade, por obra e graza do neoliberalismo e a globalización -na vertente rexional israelo-árabe, normalización-, permiten a Israel irromper directa ou indirectamente da man das empresas españolas. Como aporte, Israel pretende ofrecer ás empresas españolas o inmejorable trato que reciben as súas en EEUU ou Canadá: "España atópase, por moitas e variadas razóns, nunha situación privilexiada con Latinoamérica e os países árabes. Unha posición similar goza Israel en EEUU, con quen ten asinado un acordo de preferencia arancelaria e de libre comercio, e en Canadá, onde Israel goza tamén dun trato comercial preferente. As empresas españolas e israelís empezan a descubrir as vantaxes de formar empresas mixtas unidas polo interese común de investir en mercados terceiros" [2]. Para iso, Israel vende ás empresas españolas a súa tecnoloxía e a súa experiencia na movilización e xestión de fondos de capital de risco. A cambio, as empresas españolas "poden contribuír no desenvolvemento israelí das infraestructuras de estradas, túneles e ferrocarrís". A previsión de que isto poida ser así da man de empresas israelís "tanto en Israel como en Oriente Próximo" pon en evidencia a máis que prevista por Israel normalización árabe-israelí e penetrar, da man de empresas españolas, algúns sectores de mercado nos países árabes, ademais daqueles de América Latina. 6 de xuño de 2002. Nota Informativa, CSCAweb (www.nodo50.org/csca) (énfasis engadido pola traductora)
|
|