AS BOMBAS CONTRA O IRAQUE MATAN EN MADRID |
O pasado dia 11, a case un
ano da invasión do Iraque, vivíronse en Madrid algunhas
das tráxicas consecuencias da guerra que o imperialismo español,
coaligado cos USA, está a levar contra o povo daquel país.
Non debemos esquecer que as 200 vitimas de Madrid súmanse a moitos
miles de persoas de calquera idade e condición que veñen
sendo masacradas na Iraque dende que os imperialistas decidisen facerse
co seu petróleo e o seu territorio matando e saqueando. Os fascistas
españois botaron bágoas de crocodilo polas persoas que morreron
nas trens de Madrid, pera so sinten desprezo e indiferencia polos iraquianos
e iraquianas que eles matan en colaborazón cos ianquis. Se tanto
están contra o terrorismo, que deixen de matar e se retiren do
Iraque!
A infamia da PP, que de contado pagou coa perda das eleccións, chegou ao punto de utilizar a emotividade provocada pola traxedia de Madrid para acusar a ETA e á nazón basca desta acción consecuencia da guerra, que xa fora reivindicada por Al Qaeda dende o primeiro momento con probas irrefutabeis. O desprezo dos fascistas pola sabiduría popular chegou ao grao de supoñer que ninguén se decataría da relazón deste atentado coa agresión contra o Iraque, da súa responsabilidade na masacre de Atocha. Non contaban con que a xente se botaria ás rúas na tarde-noite do 13 para acusalos, fronte ás sés do PP, de manipuladores, mintireiros e asasinos. O sangue dos trabalhadores e estudantes de Madrid cubre as mans dos terroristas do governo que nos meteu nesta guerra! O PSOE gañou as eleccións do 14 de marzo, en boa medida porque prometeu a retirada das tropas españolas do Iraque. Temos serias dúbidas de que agora queira cumprir a súa promesa, en primeiro lugar porque os intereses económicos do capital español á sombra do imperio USA, tanto no Iraque coma noutros lugares do mundo, son mol importantes; ademais, os dirixentes do PSOE dixeran "OTAN de entrada no" e de seguida meteron a España nesa organizazón militar imperialista; tamén participaron na primeira agresión contra o Iraque en 1990. Pero os psoistas representan a unha parte da burguesia máis interesada en afortalar os seus negocios en Europa, cada vez máis enfrontada ós ianquis. E, anque a voracidade e cobiza de mercados e fontes de materias primas do imperialismo europeo non son menores cás do ianqui, a sua relativa febleza militar non lle permite, polo momento, ser tan agresivo. Nestas condicións, é posible que unha forte presión popular faga que o novo governo se decida pola opción europeista e pola retirada das tropas españolas do Iraque. |
RETIRADA INMEDIATA DAS TROPAS ESPANHOLAS NO
IRAQUE¡¡ FÓRA IMPERIALISTAS DO IRAQUE E DA PALESTINA¡¡ Plataforma Anti-imperialista de Vigo salvac@galizalivre.org |