|
prisioneiros políticos do Réxime
dictatorial e terrorista con máis agresións bélicas,
explícitas ou encubertas, contra outros estados na historia
da humanidade, convoca un concurso literario de xénero
epistolar.
Os membros deste comité consideran:
Que a divulgación desta
actitude criminal contribuirá a un crecente movemento de
apoio á liberdade dos nosos irmáns, obxectivo prioritario
actual dos amigos do pobo cubano.
Que casos como este parecen
demostrar unha subordinación política dos nosos
gobernantes respecto das directrices do Departamento de Estado,
polo que entenden estar moralmente lexitimados –mesmo obrigados-
para defender e difundir unha causa non por coñecida menos
ignorada, cal é a prisión inxusta de cinco cubanos
polo goberno neonazi dos Estados Unidos.
Que dada a situación
en que se atopan, incluída a prohibición de visitas,
non deben deixar de transmitirlles o seu apoio e solidariedade
a estes cinco heroes cubanos encarcerados.
Así mesmo, queren manifestar:
Que o mundo libre, ao cal a
súa Patria e os seus amigos representamos, non cesará
ata lograr a súa liberdade.
Que anhelan que chegue o día
en que finalice a mazmorra, e, no entanto, anímanos a continuar
coa súa inquebrantable e digna actitude.
Que a forza das ideas que os
conduciron ás entrañas do monstro e hoxe os sostéñen
son as mesmas coas que nós e a maioría da humanidade
nos sentímos identificados.
Que quen os manteñen
encarcerados fisicamente lograron converter a cinco traballadores
anónimos en Cinco Heroes, cuxa situación actual
constitúe para calquera persoa digna motivo de mobilización
contra o imperialismo. Unímonos á condena internacional
do terrorismo practicado polo Imperio norteamericano contra os
pobos de todo o mundo.
Que a prisión de cinco
auténticos loitadores pola liberdade, condenados por evitar
máis de 170 atentados terroristas contra o seu país,
leva, a cantos coñecen o caso, a solidarizarse con Cuba.
A actitude inmoral e servil co amo ianqui da Unión Europea
contrasta coa crecente admiración que esperta na xente
honrada a obra realizada por Cuba.
Que hoxe existe un inimigo para
a paz entre os pobos, un perigo para a vida no planeta, un réxime
que leva décadas intentando impoñer unha ditadura
ao mundo, un antro sinistro de corrupción que exporta guerra
e capitalismo, fame e morte a partes iguais. Trátase dos
Estados Unidos de América a quen todos debemos combater
desde a fronte que corresponda en cada momento.
BASES DO CONCURSO
1ª Convócase un
concurso internacional que premiará o estilo e mensaxe
da mellor carta pública de apoio aos Cinco ou a mellor
dirixida ao goberno xenocida dos Estados Unidos, esixindo a súa
liberación.
2ª As misivas redactaranse
en calquera idioma con tradución adxunta ao galego ou ao
español.
3ª A extensión das
cartas non será inferior a cinco liñas nin superior
a cincuenta. Cada participante poderá enviar unha carta
ao mes na que figure o seu nome e dirección. Non se admitirán
escritos inxuriosos de ningún tipo.
4ª Cada mes seleccionarase
para a súa publicación e difusión en www.terrasenamos.org
e, cando sexa posible, en www.Granma.cubaweb.cu,
www.libertadparaloscinco.org.es,
www.rebelion.org e outros
medios alternativos a que se considere máis idónea
conforme aos criterios sinalados de calidade, estilo e, sobre
todo, contido.
5 ª A dirección
a onde deben dirixirse os textos é: cincoacuba@yahoo.es.
6ª O premio consistirá nunha viaxe
a Cuba con estancia incluída en réxime de aloxamento
e almorzo. A saída efectuarase en voo directo desde calquera
aeroporto do estado español. A estancia será de
sete días e sete noites en novembro do 2007. O premiado
poderá alterar duración e saída da viaxe
costeándose a diferenza.
7ª En caso de resultar premiada unha carta
procedente de Cuba, entregarase ao autor ou autora un premio de
959 euros. Opcionalmente, entregaráselle a mesma cantidade
ao premiado doutro estado que non sexa España para viaxar
a Cuba desde ese seu lugar de residencia.
8ª O xurado estará composto por personalidades
da cultura galega caracterizadas pola súa amizade co pobo
cubano e a súa Revolución. Estará integrado
por:
Doña Anisia Miranda, escritora e xornalista cubana, premiada
coa medalla Ho Chi Minh e Orde da Amizade polo goberno de Vietnam,
entre outros galardóns na súa longa e fecunda vida
literaria e política.
Dr. Xosé María Dobarro Paz, Catedrático
de Filologías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña.
Dr. Herminio Barreiro Rodríguez, Profesor
Titular de Historia da Educación da Universidade de Santiago
de Compostela.
Dr. Xosé Neira Vilas, xornalista e escritor,
figura da literatura galega, membro numerario da Real Academia
Galega.
D. Anxo Angueira Viturro, escritor e Profesor
de Filologías Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo.
9ª O prazo de recepción de cartas
finalizará ás 24 horas do día 15 de setembro
de 2006.
10ª O fallo do xurado darase a coñecer
o 8 de outubro de 2007 a través dos medios citados.
A Coruña, 10 de maio de 2006, o Comité
da Coruña para a Liberación dos Cinco, pertencente
á Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco
Villamil”.
|