CARTA PREMIADA MES DE AGOSTO: Felipe López

Sodes fillos dun pobo rebelde. A vosa conciencia levouvos a combater o inimigo dos vosos avós e dos vosos netos. Grazas a vos hoxe en Cuba milleiros de persoas sorrien no canto de estar doentes ou eivados no leito. Podedes estar satisfeitos de teren entregado a xuventude ó servicio da vida dos inocentes,de ter colaborado na defensa da vosa Patria. Os tiranos que vos reteñen son os presos. Volveredes porque toda Cuba vos reclama. Heroes

 

 

ANTONIO GUERRERO
Miami, 1958
Enxeñeiro en Construción de Aeródromos, poeta, dous fillos.

FERNANDO GONZÁLEZ
La Habana, 1963
Graduado do Instituto de Relacións Internacionais (ISRI), do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba, casado.

RAMÓN LABAÑINO
La Habana, 1963
Graduado de Licenciatura en Economía na Universidade de La Habana, casado, tres fillas.

GERARDO HERNÁNDEZ
La Habana, 1965
Graduado do Instituto de Relacións Internacionais (ISRI), do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba, caricaturista, casado.

RENÉ GONZÁLEZ
Chicago, 1956
Piloto e instrutor de vó, casado, dúas fillas.