MANIFESTO ANTI-IMPERIALISTA
Procurando escapar da fonda crise económica que padece, o capital imperialista bota man das súas forzas militares e masacra pobos enteiros, ó tempo que pregoa hipócritamente a defensa da liberdade e a vida, da democracia e da igualdade contra un suposto terrorismo universal que, en realidade, sinala ás forzas revolucionarias e organizadas que se opoñen ó seu dominio. Deste xeito, mentres pelexa polas fontes de materias primas e polos mercados, destrúe procesos democráticos de liberación, condena á fame ós traballadores e traballadoras e, en definitiva, impide o progreso da humanidade.
OTAN, BM, FMI, G8, etc. consiguen mediante pressons, sobornos e agressons obrigar ós Estados pobres a abrir as seus mercados internos ás importacións de productos fabricados nas metrópoles, privatizar, desregular as relacións entre o capital e o traballo. A isto únese o peche dos mercados imperialistas ós productos dos países pobres e o endevedamento destes. O resultado é a dependencia económica, a submissom política, a depauperaçom.
Cando algún destes países procura un desenvolvemento par vías independentes, as grandes potencias sométena mediante a guerra e a ocupaçom militar, senda esta unha das maneiras que utilizan para pelexar entre elas polas fontes de materias primas e os mercadas. As liortas inter-ïmperiatistas veñen sucedéndose nunha escalada crecente dende os comezos da crise económica que comezou a mediados dos anos 70.
O feito de que este modo de praducçom, o de maior capacidade da historia humana, teña que destruir medios de praducçom deixando na miseria a millóns de familias traballadoras, teña que producir máis morte e pobreza da que nunca existïu para perpetuarse, demostra a súa incompativilidade coa supervivencia da humanidade.
O imperialismo precisa da violencia reaccionaria para poder sosterse no poder ó tempo que mantén os seus gaños e acumula riqueza, sen duvidar, para logralo, en sacrificar os principios ideolóxicos que lle deron noutrora o poder á burguesia. Fronte á democracia doutros tempos, que demagóxicamente proclaman defender, as grandes potencias utilizan a terrorismo para acadar obxectivos políticos e económicas. A liberdade de impremsa foi sustituida ha¡ tempo polas grandes empresas capitalistas de comunicaçom, que consideran a informaçom coma unha mercaduría máis para a consumo e a adoctrinamento; a censura e o peche dos poucos medios de comunicaçom críticos co sistema están á orde do día. Distintas e sutís formas de racismo contra as inmigrantes das pobos de países pobres que se ven abrigados a emigrar para sobrevivir, son espalladas polos medios de propaganda para xustificar a represión salvaxe e a privación de direitos que utilizan para explotalos coma forza de traballo prácticamente escrava, adoptando calquera ideoloxía que lie proporcione unha ventaxa para a extracçom e a acumula~ de riqueza.
Tampouco ten reparos en utilizar mesmo a certas ONGs que, coma as misioneiros doutros tempos, predican a resignaçom entre os povos oprimidos e sustitúen a solidariedade por actos de caridade e esmolas. Outras organizaçoms non gubernamentais son directamenta apéndices dos Estados maiores imperialistas adicadas a labouras de espionaxe, etc. Tampouco se pode esquecer a labaura confusionista e desmobilizadora dalgunhas organizacións supostamente ecoloxistas que fan das comportamentos individuais o centro dos problemas medioambientais, coma se a falla de sensibilidade ecolóxica das persoas fose a responsable dos estragos no medio natural, e non a dinámica explotadora das grandes empresas capitalistas.
Un sistema que utiliza as ideoloxías reaccionarias, o terrorismo de Estada, a desinformaçom e o racismo é unha dictadura aberta, a do capital imperialista, por moito que queira cobrirse coas roupaxes da demagoxia e vendemos os seus productos de propaganda política coma se fose verdadeira democracia. A auténtica natureza deste sistema tamén se pon en evidencia no decurso das agressons que libra contra os pobos de países en disputa: nulo respeito polos máis elementais dereitos humans, asasinatos masivos de prisoneiros de guerra, utilización xeralizada da tortura, escadrons da morte... A burguesía imperialista bota man do fascismo en tódolos terreos para frear a loita de clases.Pero todo isto demostra xustamente a súa febleza, pois o imperialismo só usa a violencia porque o seu sistema político e de propaganda resúltalle xa ineficaz.
Os intereses deste sistema decadente e criminal son antagónicos cos da maior parte da humanidade, cos dos obreiros, dos camponeses, mariñeiros, das mulleres traballadoras, da mocidade, etc. O imperialismo é incompatível co progreso da humanidade. Ainda máis: hoxe en día é o maior perigo para a supervivencia da humanidade, entre outros motivos porque na súa escalada de pelexas para facerse cos mercados e fontes de materias primas, as grandes potencias non duvidarán en pasar das guerras comerciais e do reparto violento de países indefensos, a un enfrentamento militar de consecuencias devastadoras, tal coma xa fixeron en dúas ocasións na primeira metade do século XX.
Os Estadas imperialistas susténtanse na opressom e na explotaçom dos países subdesenvoltos e dos traballadores e traballadoras das mesmas metrópoles. Obxectivamente, as obreiras e obreiros, os labregos, os pobos dos Estados industrializados estamos no mesmo barco cós nosos irmáns dos países sometidos, temos as mesmos intereses: acabar cos que non nos permiten vivir coma persoas, cos que nas condenan á morte e á miseria. Cós que, mediante a riqueza producida poios productores nas fábricas, financian a barbarie e a xenocidio de povos enteiros.
O povo traballador debe organizarse e oporse por tódolos medios ás agressons imperialistas, sabendo que só co desmantelamento deste tipo de sociedade e a construçom doutra nova, socialista, na que a capacidade de decissom política e os medios de produçom esteam nas mans de tódolos traballadores e traballadoras, rematarase dunha vez por todas co imperialismo e as guerras.
A Plataforma Anti-imperialista é unha organizaçom que aglutina a todos aqueles grupos e persoas dispostas a mobilizarse contra a guerra imperialista e a favor dos pobos que loitan contra a violencia das grandes potencias.
Dende esta organizaçom recoñecemos e defendemos o direito irrenunciabel de tódolas povos á autodeterminación e a independencia, e consideramos que só a cada na~ corresponde elexìr os medias que considere oportunos para defenderse do imperialismo, sendo o noso deber apoiar eses procesos de liberaçom.
Como tal Plataforma, consideramos prioritaria a loita contra o imperialismo español, tanto no que se refire ás súas intervençons no exterior, como está facendo últimamente ó lado dos ianquis no Iraque, Afganistán, etc. coma no que portén á secular opresom contra as nacións de Euskal Herria, Catalunya, Galiza e Canarias dentro do propio Estado español.