CONTRA O XENOCIDIO NO IRAQUE E NA PALESTINA
As masacres que as tropas invasoras están a cometer no Iraque e na Palestina van en aumento. As armas máis mortíferas, como as bombas de acio ou as de consunción de osixeno, están a ser utilizadas contra as cidades insurxentes, porque a resistencia dos povos intensificase tamén cada día que pasa. Hoxe, todo o mundo ten claro que estamos diante dun novo Vietnam¬
Ó tempo que no Iraque distintos sectores do povo se unen para botar fóra ós mercenarios do capital petroleiro, na Palestina, a resistencia mais heroica contra os nazis sionistas, que incrementan os seus métodos terroristas, mantense dende hai mais de medio século. Entrementres, os medios de comunicación, ó servicio das potencias agresoras, bombardéannos a cotío con propaganda de guerra na que nunca se ven os mortos iraquianos e os insurxentes son "radicais", "chiitas", "terroristas"... Calquera cousa menos recoñecer que é o povo en masa, os traballadores e traballadoras, os que se levantan, se organizan e loitan contra os ocupantes e saqueadores do seu país.
Pero a guerra non consiste nunhas imaxes que se miran por televisión, e isto tamén o temos claro todos e todas dende o 11 de marzo, cando "as bombas contra Bagdad caeron en Madrid". A guerra ten que ver con todos nós, pacíficos cidadáns, porque dun xeito ou doutro, ó lado dos USA ou da UE, a burguesia imperialista do Estado español participa na Ioita polas materias primas e os mercados, unha relea na son asasinados os povos dos países máis indefensos.
Agora hai en Madrid un novo goberno do PSOE, que gañou as eleccións gracias à promesa de retirar as tropas españolas do Iraque e, polo momento, empezou a cumprir o prometido- Mais non debemos esquecer que o Estado español segue a manter mercenarios no Afganistán, na ex-Iugoslavia e noutros países. Tamén debemos opoñernos á masacre sionista en Palestina. Hai que esixir a retirada de tódolos exércitos estrarxeiros dos países ocupados!
Por iso chamamos a rematar coa pasividade, que se pode convertir en complicidade co verdadeiro terrorismo, o terrorismo dos fascistas aliados baixo a batuta imperialista, o terrorismo sionista contra o povo palestiniano.

MOVILIZATE CONTRA O GUERRA IMPERIALISTA!
FORA INVASORES DO IRAQUE E DA PALESTINA!


Asemblea Antï-imperialista de Vigo

antiimperialismo@galizalivre.org