11 DE MARZO: CONTRA O TERRORISMO

A Asemblea Anti-imperialista quere lembrar a matanza do 11 de marzo de 2004 en Atocha. Madrid, manifestando a máis enérxica repulsa fronte os atentados terroristas do estado imperialista español. Porque máis violenta se cabe cá acción das bombas nos tren, foi a utilización que das mesmas fixo o goberno do PP, unha verdadeira campaña de terror contra o movemento de liberación nacional vasco que chegou a levantar unha onda de indignación na cidadanía contra o partido gobernante.


Pero aquela ofensiva terrorista non foi nada novo. Pola contra, apoiándose no exército, no poder mediático. na xudicatura ou nos partidos monárquicos do seu entorno, o imperialismo español propaga o terror dende hai moitos anos co fin de someter ós pobos de Euskal Herria, Galiza e Catalunya dentro do territorio que goberna, ou ós de países con escasa capacidade para defendérense, como Afganistán. o Iraque e outros que teñen petróleo e demáis riquezas coidiciadas polo imperialismo.


Ou non é terrorismo, e do máis ruin. negarlle a Euskal Herria o dereito a elixir o propio futuro, obrigando ó seu pobo a unha cruenta resistencia? Esta ofensiva contra os vascos é a mesma que continua o goberno do PSOE e o maestro de terroristas, o xuiz Garzon. un dos inquisidores especialista en ilegalizar organizacións democráticas e autorizar a tortura. Non é terrorismo asasinar. do xeito que fose, o islamista Zazibar (entre outros presos, noutros lugares e momentos) no cárcere de Zuera. hai uns dias? Non o é colaborar activamente coas matanzas que perpetra o imperialismo ianqui. co seu ignaro presidente Bush á fronte. contra pobos coma o iraquiano? Zapatero.que se gabou de retirar ás tropas españolas do Iraque, destina agora centos de millóns dos impostos do Estado a entrenar á policía iraquiana e outros funcionarios do goberno sipaio en Morón. Acaso non é isto obrigarnos a todos a financiar a guerra terrorista contra un pobo que utiliza tódolos medios para librarse dos imperialistas ladróns e asasinos? E qué nome merece a censura contra o alcalde de Oleiros por denunciar ó xenocida Sharon? Non é terrorismo infame condenar a miles de inmigrantes a morrer afogados e, ós que se salvan, a unha explotación inhumana?


Coidamos que non preciso seguir a enumerar os crimes do terrorismo de Estado, entre outros motivos porque a lista é demasiado longa.


Só queremos engadir unha pregunta máis: Ten sentido indignarse e pedir a cabeza dos que puxeron as bombas do 1 l-M sen pedir antes ás dos que están a asasinar en masa a xente de toda condición en Bagdad, Basora, Yenin, Afganistán …?

 

ACABEMOS COA IMPUNIDADE DO TERRORISMO IMPERIALISTA!!

NON MÁIS SANGUE POR PETRÓLEO!!

NON MÁIS TORTURA LEGAL!!

 

España se involucra nuevamente en la ocupacion de Iraq (25/02/05)