XENOCIDIO, ESCRAVITUDE, RESISTENCIA
 
 


A Arribada: o 1 de marzo de 1493, a Pinta chega ás praias de Baiona. Pinzón e os seus mariñeiros traen mostras do Novo Mundo. Tesouros, millo, cacatúas..., e indios. Mercadorías e animais para o saqueo. Comeza daquela a gran orxía do nacente capitalismo: 90 millóns de indíxenas serán escravizados e exterminados coa bendición da Igrexa. Do millón largo de persoas que viven en Nicaragua a comezos do século XVI, só 10 mil quedaban 60 anos máis tarde. Os indios son cazados e exportados para traballar ata morrer nas minas de mercurio de Huancavelica, nas de prata de Potosí. As epidemias provocadas por enfermidades levadas de España completan o holocausto. O historiador López de Gomara dicía que naqueles tempos os homes de Nicaragua “no dormían con sus mujeres para que no pariesen esclavos de españoles.”

As poboacións orixinarias de Cuba, Haití e outras foron aniquiladas do mesmo xeito e relevadas por africanos. 20 millóns de homes e mulleres sacados á forza do continente negro e vendidos en América como animais de traballo. Tanta dor, tanta riqueza arrincada a punta de cruz e espada só para financiar inútiles guerras de cen anos en Europa, para que a Corte española e os podentes da aristocracia e a Igrexa vivisen a todo luxo.

513 anos despois, a Arribada continúa. Cargamentos de traballadores americanos, africanos, asiáticos desembarcan nas pateras da escravitude moderna; grandes empresas españolas implántanse en América Latina para saquear as súas riquezas. O xenocidio e a opresión continúan; pero novas ondas de resistencia que reclaman o noso apoio érguense para barrer da pachamama este capitalismo final, tanto máis sanguinario canto máis decadente.


 
 
Ver Album fotos ANTIARRIBADA
 
 

 

 
  A "Festa da Arribada" se celebra en Baiona (Pontevedra) o primeiro fin de semán de marzo