En solidariedade coas vítimas da represión
Ante o inminente comezo de dous xuízos de claro carácter político, en AGORA situámonos cos imputados, e denunciamos o recorte de liberdades e a represión política actual no Estado Español, por vía xurídica e/ou administrativa, contra as voces disidentes.
No primeiro caso trátase dun xuízo de faltas por “deslucimento de bens”, contra compañeiros zamoranos de Izquierda/Esquierda Anticapitalista.
Perante a manifestación agraria
Dende a nosa organización chamamos á participación na manifestación agraria do venres na Cidade de Lión, porque compartimos a preocupación da nosa poboación rural ante o presente e o futuro dun dos nosos principais sectores produtivos.
Con todo, a nosa análise da situación afástase en gran medida do das organizacióis agrarias convocantes, como podes ler no noso comunicado para a ocasión.
Novidade na nosa tenda
Xa temos na nosa tenda 33 camisetas contra o proxecto de liña de alta tensión Sama-Velilla, con prezos de 10 e 12 euros. O diñeiro recadado irá por completo para o Movemento Cívico contra a Sama-Velilla.
As camisetas teñen as seguintes opcións: De home ou de muller, en cores amarelo ou negro, tallas XL, L, M e S, e manga curta ou longa.
Para facer pedidos, consultar dispoñibilidade e demais, escribe a agorapaislliones[arroba]gmail.com
AGORA e a Llionpedia
Perante as novas sobre o contido negacionista do Holocausto, na páxina de formato wiki «Llionpedia», desde a organización da Esquerda Lionesista AGORA País Llionés manifestamos o seguinte:
- A nosa máis firme repulsa por ese e outros contidos negacionistas e filofascistas. Repugna ver como nunha enciclopedia, que di “buscar o punto de vista neutral”, na categoría de “Historiadores” só apareza David Irving, o máis destacado negacionista defensor da inocencia de Hitler no xenocidio nazi. Condenado en 2006 a tres anos de cárcere en Austria por negar o Holocausto e por falsear a Historia (delito do que se confesou culpable) e habitual orador nos círculos neonazis europeos.
Xa está na Rede o número 0 de “El Pegollu”
Cando xa estamos a preparar o novo número do noso voceiro nacional, ofrecémosche a posibilidade de consultar en formato dixital o número anterior.
Nel poderás ler o noso especial sobre o 1º de Maio, entrevistas a FAI! e á Plataforma Antifascista de Zamora, e artigos sobre Decrecemento, os Concellos Lioneses, Mocedá Cisastur e máis...
Tes acceso a todo iso ao traverso da nosa sección de Multimedia




