Solidariedade con Causa Galiza

Seguindo coa xa afeita vulneración de dereitos por parte do Estado Español, valéndose da represión e o intento de criminalización da oposición política e a mobilización social, desde AGORA País Llionés vémonos na necesidade de mostrar a nosa solidariedade coa organización independentista galega Causa Galiza ─ilegalizada durante dous anos “dun xeito preventivo”─ e coas nove persoas procesadas (algunhas coñecidas e apreciadas no País Lionés) tras unha operación cun claro carácter político e mediático.